Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os internautas elixirán as mellores innovacións do ano nos Premios MuyComputer
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os internautas elixirán as mellores innovacións do ano nos Premios MuyComputer

Fernando Sarasketa
Publicado: 08/09/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

muycomputer_premios.jpgNisto das novas tecnoloxías da información, coma en tantas outras cousas, semella que non chega con desenvolver algo (un produto, un servizo, un equipamento) que sexa especialmente diferente e salientable, cómpre ter recoñecementos que o avalen e o poñan en primeira liña informativa. Certames como os Premios MuyComputer, que vén de convocar Total Publishing, axudan a acadar esta dupla excelencia de ser innovador e ademais parecelo. A iniciativa, que abriu o seu prazo de votacións este 3 de setembro (que ficará aberto ata o 15 de outubro), xorde co obxectivo de convocar a colaboración dos internautas para recoñecer, de xeito colectivo, o mellor do ano en materia de pulo tecnolóxico. Haberá nesta primeira edición dos premios unha sección de Software (entre os que xa están as máis variadas propostas para votar, libres e privativas, e dende o Nero 9 ata o Internet Explorer 8, pasando Google Chrome e o Firefox 3.5) e outra de firmas innovadoras (entre as que xa se pode votar por Acer, Dell ou Sony, entre outras).
Amais disto, póñense en xogo apartados como Hardware do ano (onde pode poderemos dar a nosa valoración sobre as propostas que máis nos convenceron), Servizos web (con Buy Vip, Facebook, Netvibes ou Spotify á espera de que lles votemos) ou Electrónica de consumo.
O certame, que segundo se nos conta na web de Mancomún está por tratarse da primeira edición aberto a calquera suxestión que lle fagamos, pode ser unha ocasión para albiscar o futuro da innovación tecnolóxica e dixital a medio e longo prazo. Para o dito centro galego, estamos ante unha oportunidade de salientar colectivamente as boas cousas que se están a facer dende a comunidade internacional de desenvolvedores e de empresas de software libre. Como dixemos, serán os usuarios e lectores da web os que elixirán os gañadores, sendo a suma de votos a que determinará os galardoados. Os diferentes premios repártense en tres grandes áreas: consumo, profesional e peme; que a súa vez se subdividen en ata quince categorías. Co obxectivo de acadar a máxima participación na votación, a editorial concederá distintos premios aos que participen da enquisa pública.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?