Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega Altia desenvolverá a plataforma de contratación electrónica de Red.es
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A galega Altia desenvolverá a plataforma de contratación electrónica de Red.es

Fernando Sarasketa
Publicado: 09/09/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

altia.jpgMalia os atrancos, impostos por outros e ás veces por ela mesma, a tecnoloxía galega vai cara a adiante asentándose perante os nosos propios ollos ou mesmo perante os ollos dos demais. Como por exemplo os dos responsables de Red.es, que veñen de apostar polo noso fronte a propostas procedentes dos que en teoría son centros de innovación de máis prestixio e experiencia. Segundo se conta estes días en Xornal.com, a galega Altia superou finalmente a oferta presentada por multinacionais como Siemens, Steria, Everis ou Deloitte á hora de impoñerse como gañadora no concurso convocado por Red.es de contratación electrónica. A firma Altia, que conta co prazo dun ano para levar a cabo este cometido, terá entre mans unha tarefa de peso: o deseño, desenvolvemento e posta en marcha da plataforma de contratación electrónica do devandito organismo público-empresarial.
Na imaxe, tarxeta de presentación de Altia nunha das edicións do Tecnimap.
A idea de Red.es, entidade de promoción da Sociedade da Coñecemento, é dar exemplo perante o tecido produtivo e institucional coa dixitalización dos seus procesos. Máis polo miúdo, busca co devandito concurso acadar a infraestrutura precisa para formalizar de xeito electrónico todos os seus procesos de licitación.
Por certo que o contrato, que ascende a 475.600 euros, resulta especialmente salientable de dende todas as frontes: amais dun pulo á innovación de Altia (que cualifica o contrato de “moi salientable” e de excelente referencia para novos traballos) significa un pulo ao afianzamento da factura electrónica, primeiro e fundamental paso para a consecución real dunha economía en liña. Segundo conta a propia empresa, o proceso non foi doado, en boa medida porque concorrendo no mesmo concurso atopábanse 26 empresas de primeira liña tecnolóxica, algunhas delas multinacionais de prestixio. Por certo que a nova plataforma dará acubillo a un amplo abano de xestións: procesos de xestión dos expedientes de contratación, publicación telemática das ofertas, rexistro de licitadores e de ofertas, apertura da documentación administrativa, etc.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?