Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arredor do 33% das familias viven aínda de costas á TDT
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arredor do 33% das familias viven aínda de costas á TDT

Fernando Sarasketa
Publicado: 09/09/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tdt_fogar.jpgPara quen non se acorde, cómpre relembrarlle a data de apagamento analóxico porque disto ten que tratar tamén esta web, de relembrar cousas vinculadas ao dixital. Pois ben, está fixada polo Goberno para o día 3 de abril do vindeiro ano. A data en cuestión, se mire por onde se mire, está preto de abondo, polo que sería de supoñer que a maior parte dos deberes estiveran feitos. Porén, cada pouco chegan informes que indican todo o contrario para unha boa parte das comunidades que entran en xogo no proceso (todas, o queiran ou non). Segundo datos subministrados por TNS-Sofres e reflectidos por El País, a porcentaxe de fogares que aínda non recibe sinal de TDT (polas razóns que sexan) é grande de máis e, polo tanto, preocupante de máis: anda a rentes da terceira parte dos mesmos. Ou sexa, case o 33%.
Os motivos desta falta de previsión perante os novos tempos que de xeito inevitable están a piques de chegar son moitos e variados. Unhas veces ten que ver co desleixo e coa falta de coordinación das entidades responsables do despregamento da TDT e outras coa ausencia de interese ou de información por parte dunha boa parte dos teoricamente beneficiados, os cidadáns. Tampouco se pode deixar de lado o factor económico, xa que para unha parte dos interesados ben poden ser inasumibles estes cambios.
Resultado: conscientemente ou non, unha boa cantidade de fogares están aínda de costas á TDT, sen receptor e coa antena convenientemente adaptada ou ben sen antena pero con receptor. E tamén se dá o caso, arestora, de familias e familias situadas en lugares máis ou menos afastados que non reciben sinal desta nova tecnoloxía.
Segundo o informe de TNS-Sofres, Euskadi ocupa o primeiro posto no máis que dubidoso ranking de fogares desconectados, con case a metade das familias pendentes do proceso de dixitalización. Con todo, cómprenos ser cautos con este dato, sobre todo se temos en conta que Euskadi non destaca por estar á cola en materia de uso das novas tecnoloxías. Estímase que a razón desta alta porcentaxe pode estar na presenza ampla do cable. Pola contra, as Illas Canarias ocupan un posto de privilexio, cun 78,7% de fogares con TDT, seguidas de Madrid e Cataluña, que presentan unha taxa de tres de cada catro.
Por certo que o nivel de cobertura da Televisión Dixital Terrestre estaría arestora no 96%, segundo as últimas referencias, polo que é de supoñer que de todas as familias que viven aínda unicamente no analóxico, só unha parte se verán decisivamente prexudicadas por ese 4% de escuridade dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?