Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CLAG viaxa a Ámsterdam para comprobar as vantaxes das TIC aplicadas ao audiovisual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CLAG viaxa a Ámsterdam para comprobar as vantaxes das TIC aplicadas ao audiovisual

Raquel Noya
Publicado: 10/09/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

clag_en_amsterdam.jpgUnha delegación de dez empresas galegas, formada por Dygra Films, Voz Audiovisual, Lambdastream, Spica, Popular TV, CTV, Continental Producciones, Arantia, TV7-Setemedia e Enxebre Entertainment, viaxa hoxe a Amsterdam para asistir ao International Broadcasting Convention, IBC, un evento que se celebra do 10 ao 15 de setembro e que reúne aos profesionais máis recoñecidos do momento no sector das novas tecnoloxías aplicadas ao audiovisual.
Esta misión, promovida polo CLAG dentro do seu Plan de Internacionalización do sector, ten como obxectivo, segundo veñen de anunciar os seus responsables, “situar ás empresas audiovisuais de Galicia neste foro considerado de referencia internacional no ámbito da radiodifusión, dos compoñentes electrónicos, da televisión e das tecnoloxías multimedia aplicadas á comunicación”. No seu conxunto, a delegación empresarial galega desprazase ao IBC interesada en descubrir novas solucións tecnolóxicas e contactar con proveedores de equipamento para TDT, tecnoloxía HD ou 3D estereoscópica, entre outros.
O periplo galego á cidade holandesa obedece a un dos obxetivos preferentes do CLAG de estimular o proceso de internacionalización do sector, mediante programas que axuden ás empresas a acceder a novos mercados e a explorar modelos emerxentes de negocio derivados dos novos desenvolvementos tecnolóxicos. Neste senso, o IBC é unha oportunidade para coñecer os últimos desenvolvementos tecnolóxicos aplicados ao sector audiovisual, polo que será unha plataforma para que as empresas galegas descubran as últimas tendencias en asuntos clave para a súa actividade, tales como os cambios no comportamento das audiencias nas diferentes plataformas e tipos de pantallas, as novas pautas na creación e consumo de contidos ou os novos modelos no negocio da emisión. Durante as sesións do IBC, abordaranse temas estructurados en tres áreas: avances tecnolóxicos, creación e innovación de contidos e o negocio da emisión. Os participantes, asemade, coñecerán os novos modelos de negocio que emerxen dos últimos desenvolvementos tecnolóxicos, compararán experiencias de estudos sobre os compoñentes tecnolóxicos e obterán respostas no campo da IPTV ou a HD, as novas tendencias na creación e consumo de contidos, as novas técnicas de produción para estimular a audiencia…

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?