Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Panda advirte dun troiano que entra nos ordenadores con feitura de consello fronte á gripe A
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Panda advirte dun troiano que entra nos ordenadores con feitura de consello fronte á gripe A

Fernando Sarasketa
Publicado: 11/09/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

troiano_gripe_a.jpgNon falla: en canto ferve nos medios unha cuestión que logo a cidadanía demanda máis fonda e amplamente tratada, a cuestión aparecerá de xeito fulminante nesa especie de cumio do marketing enganoso que é o correo lixo. E se hai moita alarma social de por medio máis e mellor: as nosas contas serán un repertorio de envíos sobre supostas claves para superar ese tema en concreto ou para estarmos máis informados sobre el. En certa maneira, o fenómeno é o produto lóxico da sociedade na que vivimos: imita drasticamente as leis da oferta e a demanda, aínda que a un nivel un pouco máis perverso. Segundo conta estes días PandaLabs e por se alguén non se decatase, o negocio informativo xerado arredor da gripe A está a converterse na columna vertebral dunha boa parte dos correos lixo que recibimos.
A cousa, como sempre, é un pouco ruín: tirando proveito da popularidade do tema e da divulgación de consellos de saúde, hai xa algún que outro internauta pondo en circulación troianos a través do correo electrónico.
O anzol e a carnada, como dixemos, é unha combinación de asuntos ligados á gripe A presentados de xeito conveniente: advírtesenos nestes correos que acompañan ao troiano dunha conspiración económica por parte dos laboratorios farmacéuticos e nos anima a abrir un power point para poder atopar o segredo desvelado. Sobra dicir que isto precisamente é o último que deberemos facer, xa que de facelo estaremos abríndolle a porta ao devandito virus, sen o noso coñecemento (entra, por así dicilo, mentres ollamos para outra parte) e listo para ir roubando a información que ao seu autor lle poida interesar. Por certo que segundo engade Panda Labs, ao longo das últimas horas estase a rexistrar un intenso tráfico de correo electrónico distribuíndo esta mensaxe, polo que a empresa de seguridade informática solicítalles aos internautas extremar as precaucións: non abrir ningún correo destas características e seguir mantendo o antivirus do equipo informático actualizado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?