Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadores da UPV sinalan a escasa incidencia das TIC na mellora real da educación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadores da UPV sinalan a escasa incidencia das TIC na mellora real da educación

Fernando Sarasketa
Publicado: 14/09/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

computadores_aula.jpgComo facer que as novas tecnoloxías da información se integren na aprendizaxe coma un elemento máis, enriquecéndoa e achegando o mellor de si mesmas? Preguntas coma esta coa que encabezamos hai moitas, pero coas respostas é outro conto. A Sociedade da Información ten esta característica: está chegando, pero aínda non chegou de todo. Isto que acontece na nosa vida diaria ocorre tamén no eido educativo, e achegar o meirande número de respostas é o obxectivo do grupo de investigación da Universidade do País Vasco (UPV-EHU) que segundo nos conta a Plataforma SINC está a substituír a actual gramática da escolarización por outra nova que tire proveito de todo o potencial das novas tecnoloxías.
Os seus traballos baséanse na constatación dunha realidade: a soa presenza dos computadores nunha clase non varía en case nada o xeito de recibir e dar as clases. Asemade, sinalan, ao longo dos dous últimos anos non se teñen constatado as melloras na aprendizaxe que se prometían coa entrada en xogo das TIC.
E isto, sinala o grupo, malia o amplo potencial das novas ferramentas á hora de espallar o coñecemento alén das limitacións físicas do tempo, o espazo e a xente á que temos acceso dentro dos muros dunha clase.
A raizame do problema está, como se pode supoñer, en que a novidade inserida é so unha novidade de forma e non de fondo. En certa maneira, é como incluír un novo tipo de material escolar para que todo fique máis ou menos da mesma maneira. A xuízo do equipo de investigador, a escola tradicional ten uns esquemas tan ríxidos que adoptan as TIC no seu contorno como unha parte da “gramática” (entendida como conxunto de normas e métodos) que lles é propia dende hai moitos anos, se cadra de máis. Así, as novas tecnoloxías son empregadas para memorizar e repetir datos, en troques de servir para crear e investigar. Entre os obxectivos do seu estudo cóntase a elaboración dun alicerce teórico que axude a mellorar a ensinanza e promover novas canles de estudo que deixen marxe para seguir comprendendo a relación educación-tecnoloxía.
Para estes investigadores, unha boa parte da solución do problema estaría en sermos máis críticos cos esquemas do sistema educativo: “O primeiro paso cara ao cambio é identificar e combater o modo ordinario de proceder dentro do sistema escolar ou desvelar as regras internalizados para poder levalos ao nivel da conciencia”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
huawei_1025317153-2172920907-1542614188427.jpg
Actualidade

Condena xudicial a Huawei nos EE.UU.

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?