Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Modernización anuncia a execución do Plan director de banda larga en Galicia para comezos de 2010
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Modernización anuncia a execución do Plan director de banda larga en Galicia para comezos de 2010

Raquel Noya
Publicado: 14/09/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica presentou en rolda de prensa o Plan Director de Banda Larga.
A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica presentou en rolda de prensa o Plan Director de Banda Larga.
Se hai algo do que en Código Cero nos guste escribir especialmente é sobre os proxectos anunciados polas nosas autoridades que axuden a que o país se adentre un pouco máis na Sociedade da Información e acolla as novas tecnoloxías como unha ferramenta máis coa que desenvolver o seu día a día, algo que, malia aos esforzos, aínda segue a ser unha asignatura pendente para o noso Goberno.
Porén hoxe anunciamos con satisfacción que a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, vai por en marcha o Plan director de banda larga de Galicia, a partir de comezos do vindeiro ano, que terá en conta as demandas das empresas, do sector público e da sociedade do país en xeral.
A secretaria xeral, Mar Pereira, acompañada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, da Consellaría de Medio Rural, Antonio Crespo, presentou hoxe mesmo os criterios que rexerán a elaboración deste Plan, que terá lugar no derradeiro trimestre do ano, e no que a Xunta investirá un total de 102 millóns de euros ata o ano 2013.
Mar Pereira acompañada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo
Mar Pereira acompañada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo
O Plan director de banda larga é, segundo indicou Pereira, “un elemento primordial para impulsar unha estratexia global encamiñada a situar a Galicia no núcleo da Sociedade da Información e para garantir o acceso dos galegos cunha calidade de custe e servizo axeitados”.
Asemade, o proxecto permitirá asegurar a vertebración dixital do noso territorio como elemento compensador de desequilibrios, extraer o máximo proveito ás posibilidades das novas tecnoloxías como dinamizadoras económicas e xeradoras de competitividade e impulsar a modernización da administración pública autonómica e local.
Mar Pereira explicou que a elaboración do Plan director incluirá unha compilación das infraestruturas existentes, tanto civís como de telecomunicacións, así como da demanda, co obxectivo de realizar unha análise comparativa. O Plan contemplará tamén os diferentes factores de contorno que poidan condicionar as políticas de telecomunicacións da Xunta, e a elaboración dun plan de prioridades.
Asemade, a Secretaría de Modernización buscará a transversalidade e considerará toda a demanda de banda larga existente en Galicia baixo a triple óptica dos sectores público, empresarial e cidadán.
Neste sentido, Mar Pereira asegurou que no sector público se terá en conta a demanda de todas as consellerías da Xunta de Galicia, ademais dos das entidades vinculadas a elas, así como as deputacións, concellos e outros organismos de ámbito local ou provincial. No sector empresarial, considéranse todos os elementos demandantes como os polígonos empresariais, as cooperativas, os centros e parques tecnolóxicos, as cámaras de comercio, as confederacións de empresarios, os servizos financeiros, de transporte…. Por último, no sector residencial ou cidadán, analizarase a demanda para cada entidade de poboación dos máis de 30.000 núcleos existentes en Galicia co obxectivo de que o Plan director facilite a inclusión social e diminúa a fenda dixital, especialmente nas zonas rurais. Segundo explicou a secretaría xeral, este traballo de compilación dará lugar a un mapa de telecomunicacións no que se recollerá a demanda potencial e as infraestruturas existentes en Galicia.
Mar Pereira destacou, asemade, que a Secretaría que representa, contemplará todas as infraestruturas, tanto a nivel civil como de telecomunicacións existentes en Galicia, xa sexan de carácter público ou privado, “co obxectivo de conseguir coordinación e eficiencia no futuro despregamento da banda larga”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
huawei_1025317153-2172920907-1542614188427.jpg
Actualidade

Condena xudicial a Huawei nos EE.UU.

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?