A firma GfK Retail and Technology vén de facer público o seu máis recente estudo sobre a venda de tarxetas e adaptadores CAM para a Televisión Dixital Terrestre de Pago. No informe, que se renova con datos actualizados cada semana (dende o lanzamento destes produtos a finais de agosto), constátase un medre do 10% na venda dos devanditos dispositivos durante a primeira semana de setembro. A xuízo da empresa consultora, o sector da equipamentos para a TDT de pago está a medrar “a bo ritmo” e medrará máis e mellor en canto as diferentes marcas teñan á súa disposición este tipo de produtos nas súas versións tarxeta de abonado máis adaptador CAM e tarxeta de abonado máis receptor dixital compatible con TDT de pago.
Asemade, a empresa responsable do informe ten en conta nas súas valoracións a oferta actual de televisores con acceso PCMCIA, compatible coa TDT de pago, e que se espera incremente a súa presenza nos fogares durante as vindeiras semanas.
A venda de equipamento para a TDT de pago medrou un 10% coa chegada de setembro
Compartir Este Artigo

