Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Igape apoia o labor de Blu:sens concedéndolle un aval por preto de 8 millóns de euros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Igape apoia o labor de Blu:sens concedéndolle un aval por preto de 8 millóns de euros

Raquel Noya
Publicado: 16/09/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

blusens2.jpgO Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), departamento que depende da Consellaría de Economía e Industria e que dirixe Javier Guerra, vén de coñecer de primeira man o labor da compañía tecnolóxica galega máis importante do panorama actual, Blu:sens, en prol das novas tecnoloxías, a cal, a través de Blusens Technology proponse agora afondar na súa expansión nacional e internacional mantendo a firme aposta pola I+D para poder ofrecer produtos diferenciados a prezos competitivos.
Esta entidade pública, a fin de apoiar o desenvolvemento do plan de negocio de Blu:sens, vaille conceder á compañía un aval por importe máximo de 7,8 millóns de euros en garantía dun 60 por cento do principal dun préstamo de 13 millóns de euros, a conceder por varias entidades financeiras e destinado a financioar o devandito plan.
Esta operación, que vén de ser aprobada polo consello de dirección do Igape, vaille permitir á empresa asentada en Comopstela, dispor de maior capacidade de circulante para desenvolver os seus proxectos de expansión nacional e internacional, así como diversificar a súa actual producción mediante o lanzamento de novos produtos nos eidos da electrónica profesional, da televisión de pago ou os vinculados ao denominado como fogar conectado.
Á marxe do financiamento de novo circulante para afianzar o crecemento internacional da firma, o plan de negocio de Blu:sens contempla, segundo afirman os seus representantes, “novos investimentos por importe dun millón de euros na automatización da liña de ensamblado de televisores LCD en Santiago de Compostela”.
O plan de negocio que será apoiado pola Xunta de Galicia contempla tamén a substitución de parte do financiamento da empresa a curto prazo por financiamento a longo prazo, co que se reforzará o equilibrio da estrutura financeira para que Blu:sens poida seguir afrontando os importantes investimentos en I+D, marketing e expansión internacional que precisa para seguir medrando ao ritmo actual e duplique a súa facturación no prazo de dous anos.
Este investimento suporá, para a compañía fundada por José Ramón García e José Miguel Silva no ano 200, un incremento da plantilla aproximadamente en 20 persoas. Unha plantilla que na actualidade está integrada xa por 140 traballadores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
huawei_1025317153-2172920907-1542614188427.jpg
Actualidade

Condena xudicial a Huawei nos EE.UU.

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?