Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Imatia presenta en Vigo un software para a xestión en tempo real do cultivo de peixes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Imatia presenta en Vigo un software para a xestión en tempo real do cultivo de peixes

Fernando Sarasketa
Publicado: 17/09/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_imatia.jpgCase por forza, a celebración dunha feira marítima ligada á innovación como a World Fishing Exhibition celebrada en Vigo (IFEVI) tiña que dar como resultado unha listaxe salientable de software posto en circulación. E así é. O feito, de por si destacable, ten aínda un pulo mellor: unha boa parte das ferramentas presentadas teñen o seu xermolo na nosa terra. Como por exemplo as achegas da Universidade de Vigo, quen participa arreo no evento (dando a coñecer recursos, favorecendo a comunicación entre o campus e as empresas) a través da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla. Entre o que máis interese espertou estes días nos asistentes situouse o software Elastic Aqua Business, programa para a xestión de procesos produtivos do cultivo de peixes desenvolvido de xeito conxunto polo Equipo de Deseño e Automatización de Compoñentes Avanzados da Universidade de Vigo e a empresa Imatia, posta en marcha ao acubillo da institución.
O programa informático, que contou para o seu desenvolvemento coa dirección do profesor Fernando Vázquez, foi dado a coñecer como “unha solución vertical, sinxela e versátil para o sector da acuicultura especializado na xestión de procesos produtivos que se encamiñen ao cultivo de peixes”, en palabras de María José Lago, representante da dita empresa.
Coma toda ferramenta innovadora, deseñouse para cubrir un oco e para achegar un servizo para as empresas ata o de agora inexistente ou parcial. No caso de Elastic Aqua Business, desenvolve xa un importante labor para a piscifactoría Insuíña, que dende 2003 leva traballando con esta aplicación e tirando especial proveito dela no que se refire á organización da produción. Entre outras moitas manobras, o programa permite acceder á información sobre todo o relativo á xestión do peixe (a reprodución, a cría, a venda, etc) e, a maiores, fai que o acceso a eses datos sexa o máis sinxelo posible, sen límite de usuarios e con total dispoñibilidade (tempo real) a través da Rede. Asemade, posibilita ordenar esa información, centralizala, e facer uso dela para tomar a mellor decisión empresarial posible. “Tamén permite a xestión de recursos físicos e humanos, dos lotes e dos ciclos produtivos e de diferentes documentos”, sinalou Lago.
Con todo, e saíndo xa do plano teórico, foi coas demostracións prácticas como mellor se puído enxergar o funcionamento e as vantaxes do software, e así o entendeu Imatia, que está a centrar unha parte do seu traballo na World Fishing en amosar os elementos do seu programa: táboas e gráficos con datos sobre alimentación, peso, tratamento, entradas, saídas, traslados, tipo de peixe. Ademais, informaron, “a través da aplicación podemos coñecer as existencias actuais e as pasadas para realizar clasificacións, valoracións e curvas estándar para ver, entre outras cousas, como está de poboado un tanque”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
huawei_1025317153-2172920907-1542614188427.jpg
Actualidade

Condena xudicial a Huawei nos EE.UU.

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?