Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A nova plataforma de servizos de HP achega a Rede 2.0 ás operadoras
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A nova plataforma de servizos de HP achega a Rede 2.0 ás operadoras

Fernando Sarasketa
Publicado: 18/09/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

HP vén de anunciar o lanzamento dun software encamiñado a mellorar o servizo das operadoras de telecomunicacións achegándolles a posibilidade de tirar proveito do talento de milleiros de desenvolvedores de aplicacións Web 2.0. A plataforma posta en xogo por Hewlett-Packard, que beneficiaría aos provedores de servizos ao acadar “un medre nos seus ingresos polas achegas sen fíos”, coñécese dende hai un tempo co nome de HP Service Delivery Platform (HP SDP). A diferenza radica nos esforzos aplicados para a súa nova versión, a 3.0. Entre outras vantaxes, incluiría agora un contorno de probas de servizos de software virtual no que os programadores poderán crear novas aplicacións para a Web, widgets e mush-ups na rede sen fíos dos ditos provedores.
“Ao atraer aos desenvolvedores de software independentes”, sinala HP nunha nota de prensa, “e facerlles máis doadas as ferramentas para crear aplicativos innovadores, os provedores de servizos poderán complementar as súas redes sen fíos coas solucións personalizadas que os seus clientes desexen”. A idea de HP, como se pode supoñer, é buscar maneiras de explotar en beneficio de todos o gran potencial da Web 2.0: tanto para subministradores de contidos como para deseñadores como para operadores de rede. “Por iso”, engade a empresa, “o SDP 3.0 agora inclúe recursos específicos para facerse cargo de microtransaccións, xestionar os fluxos de beneficios e axudar aos provedores de servizos a crear un modelo de negocio de dúas faces que teña éxito”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
huawei_1025317153-2172920907-1542614188427.jpg
Actualidade

Condena xudicial a Huawei nos EE.UU.

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?