Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Descuberta unha web que ofrecía o hackeo de contas de Facebook
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Descuberta unha web que ofrecía o hackeo de contas de Facebook

Fernando Sarasketa
Publicado: 18/09/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

facebook_craqueo.jpgPandaLabs segue a voltas rastrexando a Rede á procura da face máis dura nisto de pasar por enriba dos demais para sacar proveito da comunicación dixital. E malia que costa crer que haxa algún internauta que se expoña como tal, á vista de todos e anunciándose como elemento, a realidade sempre nos sorprende. O último achado de Panda vai ao gran coma poucos. De feito, esta é a mensaxe que lle lanzan á comunidade internauta os responsables do servizo localizado: “Calquera identidade de Facebook pode ser hackeada”. E con isto case se explica todo: trátase dunha suposta empresa en liña que lles achega aos seus clientes o nome e o contrasinal preciso para acceder a calquera conta persoal da devandita rede Facebook.
O único que se pide son 100 dólares. A cambio, amais do devandito, o beneficiario estará en disposición de recibir calquera chave que se lle antolle co obxectivo de asexar na comunicación privada de todo tipo de internautas: dende o máis anónimo ata o máis coñecido.
Segundo informa a empresa de seguridade informática, o pago levaríase a cabo a través de Western Union, sendo Ucraína o país receptor, malia estar o servizo rexistrado en Moscú. O curioso é que o servizo, como vén sendo habitual neste tipo de actividade, adopta os modelos de comportamento de calquera empresa do sector. Mesmo acreditan o que se podería entender, senón se tratase dunha mafia, como experiencia comercial intachable: ao longo dos seus catro anos de actividade, unicamente se lles resistiu o 1% das contas de Facebook. Con todo, segundo se conta en Panda, podería tratarse dun currículo ficticio, xa que estamos a falar dunha web que só ten uns días de vida.
Pensándoo detidamente, o raro sería esixirlles formalidade á hora de seren veraces na elaboración e presentación da súa traxectoria profesional.
Segundo engade Panda, non está totalmente claro o obxectivo desta web: ben pode ser realmente o hackeo de contas de Facebook tal e como anuncian ou ben acadar beneficios económicos de aqueles que tentan probar o servizo. Asemade, poden usarse os datos roubados (os datos persoais aloxados na conta de Facebook para enviarlle á Rede máis programas malware dos que xa ten.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
huawei_1025317153-2172920907-1542614188427.jpg
Actualidade

Condena xudicial a Huawei nos EE.UU.

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?