Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Expertos de Red Hat afondarán en Santiago na virtualización de servidores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Expertos de Red Hat afondarán en Santiago na virtualización de servidores

Fernando Sarasketa
Publicado: 18/09/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

red_hat.jpgO Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (Conxo, Santiago) vai acoller as vindeiras xornadas un encontro encamiñado a poñer ao alcance da sociedade galega os segredos e vantaxes do máis recente repertorio informático dunha das marcas máis senlleiras do software libre mundial: Red Hat. Máis polo miúdo, trátase dunhas xornadas dirixidas a achegar luz sobre a virtualización para servidores, especialmente indicadas para os seguintes perfís técnicos: profesionais do eido TIC, administradores, responsables ou futuros directores de sistemas, socios de Red Hat, alumnos do propio Centro, etc.
As xornadas, chamadas Tech Happy Hour, son segundo os responsables do CNTG unha boa oportunidade para establecer diálogo cos expertos de Red Hat e JBoss, para debater arredor do software libre para a empresa e máis para ampliar os coñecementos sobre as novidades tecnolóxicas das ditas marcas e do seu ecosistema.
Por certo que está previsto que participen nas xuntanzas arquitectos en solucións de Red Hat para amosar polo miúdo as capacidades do seu RHEV (Red Hat Entreprise Virtualization), ferramenta para a xestión escalable e dinámica do centro de datos.
O evento, informa o CNTG, vai incluír exemplos prácticos e teóricos de todas as solucións que achega a devandita ferramenta orientadas a servidores. O encontro terá lugar no dito Centro (situado no barrio de Conxo, en Compostela) o vindeiro martes 6 de outubro a partir das 17.00 horas.
Por certo que as prazas van ser limitadas, e o proceso de admisión levarase a cabo por “estrito orde de rexistro”. A inscrición poderá formalizarse na web específica de Red Hat para este tipo de actividades.
Axenda
17:00 Benvida
17:15 Red Hat Enterprise Virtualization para Servidores: construíndo un
Datacenter virtual. Casos prácticos.
19:00 Aperitivo e coloquio

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
huawei_1025317153-2172920907-1542614188427.jpg
Actualidade

Condena xudicial a Huawei nos EE.UU.

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?