Os laboratorios de Mozilla iniciaron hai cousa dun ano o proxecto Snowl, a través do que desenvolven un engadido para Firefox que permite converter o navegador web nun centralizador das nosas comunicacións, permitindo o acceso ao correo electrónico, a fluxos RSS, a comentarios en foros, a redes sociais e a outras fontes de información, e agora vén de estrear a súa versión 0.3, que aínda que denote que aínda queda moito para que sexa un produto final, supón un importante avance neste experimento, mellorando a súa integración coa funcionalidade actual de acceso a fluxos RSS de páxinas web, facilitando a subscrición aos mesmos.
Snowl 0.3 substitúe ao visor de fluxos RSS integrado en Firefox, permitindo unha subscrición e visualización inmediatas, e incluso detectando duplicados e contando cunha serie de filtros, aínda que os usuarios que queiran probar esta solución teñen que se conscientes que estamos a falar dun produto sen rematar.
O proxecto Snowl chega á súa versión 0.3
Compartir Este Artigo

