Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Trinta especialistas da comunicación debateron en Santiago sobre o futuro da prensa e o audiovisual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Trinta especialistas da comunicación debateron en Santiago sobre o futuro da prensa e o audiovisual

Fernando Sarasketa
Publicado: 22/09/2009
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

apd_xornada_comunicacion.jpgA comunicación xa non vai ser a mesma logo da aparición de dúas tecnoloxías definitivas: a Rede (con todo o que implica de universalización do coñecemento) e a televisión dixital en calquera das súas manifestacións (TDT, satélite, cable, etc). Debater acerca do que poden facer os profesionais galegos (profesionais da comunicación en xeral, pero tamén das novas tecnoloxías, do audiovisual e doutros sectores ligados) arredor destes cambios foi o gran obxectivo das xornadas organizadas este martes en Santiago pola división galega da Asociación para o Progreso da Dirección (APD), unhas xuntanzas nas que participaron preto de trinta expertos e nas que se abordaron temas específicos como a posta en marcha da TDT de pago ou a polémica Lei de financiamento da RTVE.
Os encontros, desenvolvidos no Hotel Porta do Camiño, contaron coa presenza de persoeiros procedentes da prensa e a televisión e do eido da comunicación en xeral, como por exemplo o vicepresidente da recentemente creada Dircom Galicia, Manuel Vázquez Sola, quen fixo fincapé no necesario que é diferenciar hoxe en día entre xornalistas e directores de comunicación de empresas privadas, por moito que todos eles se dediquen a comunicar.
Para Vázquez Sola, a Sociedade do Coñecemento na que vivimos pon en xogo certa imprecisión sobre ata onde chegan uns e onde comezan os outros. Pero cómpre non trabucarse: “Os primeiros móvense exclusivamente no ecosistema da información mentres que os directores de comunicación navegan entre as contas de explotación ou os cambios tecnolóxicos”.
Todo isto pon en xaque aos xornalistas, que son probablemente os que máis teñen que perder nestes tempos en que cada empresa, en parte grazas á revolución comunicativa propiciada pola Rede, ten o seu medio de comunicación en miniatura: “Ao xeneralizarse a figura dos directores de comunicación corporativos os xornalistas atopan meirande competencia por gañar audiencia e por conseguir que as súas mensaxes cheguen a todos”.
As xornadas tamén contaron coa participación de Alfonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios da Xunta de Galicia, quen aproveitou para afondar neste punto de inflexión comunicativo no que nos atopamos e no moito que este cambio está a repercutir economicamente nas canles informativas de tipo tradicional. Ao seu xuízo, a crise nos medios existe, e non se pode deixar de lado. E máis, engadiu, tendo en conta o que sector representa para a nosa terra, tanto no económico (o 1,17% do PIB galego) como no social e no político (garanten, na súa opinión, a riqueza e vitalidade democrática), cómpre que a Administración autonómica arbitre medidas e melloras prácticas. Co obxectivo de lembrar que neste eido a maquinaria xa está en marcha, Cabaleiro sinalou que a Xunta levará ao Parlamento seis iniciativas durante esta lexislatura en materia de comunicación, entre elas a Lei de publicidade institucional e as leis de audiovisual de Galicia e dos medios audiovisuais públicos.
Outro dos temas tratados nos encontros organizados por APD foi o do financiamento das televisión públicas, cuestión abordada en detalle polo secretario xeral da Unión de Televisións Comerciais Asociadas (UTECA), Jorge del Corral, e máis pola directora da TVG, Rosa Vilas, que ofreceron puntos de vista diferentes sobre a nova lei que prohibe á RTVE emitir publicidade (para o primeiro trátase da solución para o panorama “aterrador” do sector audiovisual privado, e para a segunda dun elemento que fai perigar a publicidade en linguas autóctonas como a galega).
Asemade, abordáronse nas xornadas cuestións como a TDT e o que vai presentar a medio e longo prazo no eido da comunicación dixital (será alternativa única ou deberá deixar sitio a outras tecnoloxías iguais de válidas?). Ao longo da xuntanza, déronse opinións de todo tipo. Para especialistas como Eladio Gutiérrez (presidente de Impulsa TDT ou José Luis Fernández, de Televés, a TDT permite satisfacer todas as demandas do espectador. Pola contra, Antonio Rodríguez (de operador galego R) cuestionou a TDT como solución definitiva, xa que considera que o futuro da televisión non pode pasar por un medio que non pode manter o ritmo. Ao seu xuízo, o futuro pasa por vincular a televisión con Internet e o consumo de contidos audiovisuais baixo demanda.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
huawei_1025317153-2172920907-1542614188427.jpg
Actualidade

Condena xudicial a Huawei nos EE.UU.

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?