Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A plataforma galega de redes sociais Cabozo chega á súa versión 2.0
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A plataforma galega de redes sociais Cabozo chega á súa versión 2.0

Marcus Fernández
Publicado: 24/09/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cabozo_portada.jpgDende o pasado 11 de setembro, a rede social galega Cabozo.com, creada polo viveirense Antonio Mariño coa colaboración do tamén viveirense Ánxel Folgueira, pon a disposición dos internautas galegos unha nova versión da popular rede social.
A principal novidade desta nova versión é o redeseño total da estrutura da web para dotar a Cabozo dunha nova interface, máis intuitiva e ordenada, ademais de achegar novas ferramentas e utilidades aos seus usuarios.
Esta nova versión entrou en funcionamento o mesmo día no que, a cada día máis popular rede social galega, superaba os 1.100 usuarios rexistrados nos pouco máis de 7 meses que leva a disposición dos internautas.
cabozo_nova_version.jpgAs principais novidades incorporadas a Cabozo son: – Redeseño por completo da estrutura principal da web para facilitar o uso e goce das moitas e novas utilidades que ofrece aos seus usuarios. – Acceso directo ao noso espazo persoal (Taboleiro) dende o cal poderemos acceder, a través dun sinxelo e cómodo menú de pestanas, ás principais ferramentas de Cabozo. – Agora, para facilitar o manexo da web, o primeiro que verán os novos usuarios ao entrar en Cabozo serán dous videotitoriais onde se explica, de forma xeral, o funcionamento da web. – Cabozadas: Novo servizo de micro-blogging (mensaxes curtas de non máis de 140 carácteres) onde poderemos manter conversacións ao mesmo tempo con todos os usuarios da web en tempo real. Unha das novidades mellor acollidas polos usuarios de Cabozo. – Lox: Novo sistema de avisos automáticos para estar ao tanto de todo o que sucede na web e das actualizacións dos usuarios que seguimos. – Novas: Novo servizo onde poderemos ver as noticias dos principais medios de comunicación galegos e non galegos. Ademais engádese unha ferramenta a través da cal se poden contrastar estas noticias co publicado noutros medios de comunicación. Estas noticias poderán ser enviadas sen saír de Cabozo a Chuza.org. – Agora tamén podes coñecer o tempo que vai facer na túa localidade sen saír de Cabozo. – Notas: novo espazo persoal onde gardar as nosas anotacións persoais de forma privada. – Coa nova versión ofrécese a posibilidade de conectarse a través de Cabozo á web galega Lareta.net (Microbloguexo dende Galicia) – Novo perfil de usuario que introduce unha ferramenta que nos avisa daqueles usuarios con gustos similares aos nosos. Ademais facilítase o código para enlazar ao noso perfil en Cabozo dende outras webs, blogs, foros, etc. – Posibilidade de crear álbums persoais públicos ou privados. – Posibilidade de enviar convites dende Cabozo a aqueles colegas que aínda non son usuarios da web. – Nova ferramenta para buscar usuarios na web. – Ranking dos usuarios de Cabozo máis activos. – Usuario do mes (entrevista incluída) – Xogos. Agora en Cabozo poderás xogar a algúns dos xogos máis populares como o Tetris, Solitario, Xadrez, Conecta 4, Bomb Jack, Bouncing Balls, Sudoku, Damas, Black Jack, Pang, Mini Golf ou Snow Trouble. – Novo reprodutor dos vídeos de YouTube subidos aos distintos grupos e posibilidade de descarga directa destes.
Amais de todas estas novidades os usuarios poderán seguir gozando de todas as posibilidades que xa ofrecía Cabozo.com antes desta nova versión como a creación de grupos públicos ou privados, unirse aos máis de 100 grupos xa existentes na web.


Titorial en vídeo sobre o funcionamento de Cabozo

Continuación do titorial anterior

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
huawei_1025317153-2172920907-1542614188427.jpg
Actualidade

Condena xudicial a Huawei nos EE.UU.

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?