Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Wikipedia informará sobre a obxectividade dos seus artigos cun sistema de cores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Wikipedia informará sobre a obxectividade dos seus artigos cun sistema de cores

Fernando Sarasketa
Publicado: 01/09/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

wikitrust-photo-2.jpgOs responsables da Wikipedia quérenlle saír ao paso de xeito firme ás acusacións que se veñen vertendo nos últimos tempos sobre o que tería que ser, sobre o papel e na práctica, un valor fóra de toda dúbida: a súa fiabilidade. Con este obxectivo de minimizar as posibilidades de que os autores fagan contribucións interesadas ou escasamente documentadas, a enciclopedia en liña botará man de recursos que a priori pouco teñen que ver con ela e moito coas prácticas de compravenda en Internet. Dito doutro xeito: vai poñer en xogo un sistema para verificar a fiabilidade dos textos semellante ao que se poden usar en servizos como eBay para saber máis ou menos se quen che vende algo é unha persoa cumpridora. Segundo se conta na Rede, a cousa vai ser máis doada do que parece: os lectores só teremos que atender ás diferentes cores do fondo do texto presentado para saber ata que punto podemos confiar na obxectividade da persoa responsable do texto.
A Wikipedia, que ten xa 12 millóns de páxinas distribuídas en 260 versións, quere con esta medida poñer un pouco de control na maré de contribucións. Por certo que a medida en cuestión ten nome propio: chámase WikiTrust, e trátase dun aplicativo desenvolvido polo Wiki Lab da Universidade de California. O programa funciona do seguinte xeito: canto máis longa e positivamente probada sexa a andaina do internauta-autor coa Wikipedia, máis irán ligados os seus artigos a cores fiables. Isto conséguese medindo a cantidade de veces que os seus artigos foron retocados. Loxicamente, canto menos se retoque, máis estaremos en disposición de consideralo ben feito. Polo que respecta ás cores que máis contan, dicir que a máis baixa a nivel de veracidade será a laranxa. Canto máis claro e próximo ao branco, máis nos poderemos fiar do que se nos conta no texto.
O servizo, que se espera comece a funcionar este outono, arrancará operando nos artigos que máis erros adoitan a presentar: os artigos de persoeiros vivos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
huawei_1025317153-2172920907-1542614188427.jpg
Actualidade

Condena xudicial a Huawei nos EE.UU.

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?