Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Sada acolle en outubro cursos de iniciación á Rede, á fotografía dixital e á blogosfera
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Sada acolle en outubro cursos de iniciación á Rede, á fotografía dixital e á blogosfera

Fernando Sarasketa
Publicado: 25/09/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

sada_centro_dinamizacion_charla_web.jpgLogo da pausa formativa do verán, a Rede de Dinamización da Sociedade da Información volve cun programa de actividades amplo e variado, malia que a columna vertebral dunha boa parte do programa siga a ser, como é natural, a Sociedade do Coñecemento. Un exemplo disto é a achega do Centro de Sada para o vindeiro mes de outubro: obradoiros para ir dando primeiros e (tamén) segundos pasos nisto de tirarlle partido ás vantaxes do dixital, que son moitas. Para comezar, o programa ábrese con Iniciación á fotografía dixital, actividade dirixida a introducir aos usuarios do Centro no manexo básico dunha cámara: como obter imaxes, como pasar as fotos ao computador ou facer retoques básicos ás fotografías. Este obradoiro dará comezo o luns 28 de setembro para rematar o venres desa mesma semana, o 2 de outubro, tendo horario matinal: de 9 a 11 horas.
De seguido, está previsto tamén o curso Iniciación á informática, unha proposta que como o seu nome indica vai dirixida a conseguir que a persoa que participe sexa quen de empregar con soltura os obxectos (arquivos, cartafoles, ferramentas) e funcionalidades que ofrece un computador, neste caso en concreto un equipo con sistema operativo libre.
Esta actividade desenvolverase do 5 ao 9 de outubro en dúas quendas, de 9 a 11 horas a primeira e de 18:30 a 20:30 a segunda; ámbalas dúas de luns a venres.
Polo que respecta ao obradoiro Iniciación á creación de blogs, dicir que as/os inscritas/os neste curso acadarán as competencias necesarias para crear e manter o seu propio caderno persoal na Web (blog). Constará de 8 horas de formación, a desenvolver do 13 ao 16 de outubro, de 9 a 11 horas.
O programa continúa logo con Iniciación á mensaxeiría instantánea, actividade para introducir á veciñanza nas vantaxes do programa Pidgin, unha ferramenta para comunicarse en tempo real e que se basea no uso da palabra escrita. Desenvolverase en horario de 18.30 a 20.30 horas, do 13 ao 15 de outubro.
Uns días máis adiante, do 19 ao 22 de outubro, celebrase Iniciación á Internet, curso dirixido a achegar recursos básicos para o manexo da Rede: aplicacións, ferramentas de uso fundamental, etc. Haberá dúas quendas, de mañá e tarde, de 9 a 11 horas e de 18.30 a 20.30.
Máis adiante e para quen non tivese ocasión de familiarizarse coas sesións sobre fotografía, dicir que haberá unha segunda oportunidade. O curso Iniciación á fotografía dixital volverá do 26 ao 30 de outubro, pola mañá, de 9 a 11 horas.
Coa actividade Procesador de textos: Writer preténdese que o/a usuario/a sexa quen de crear e modificar un documento de texto empregando a ferramenta OpenOffice Writer. Este obradoiro desenvolverase entre o 26 e o 30 de outubro, de luns a venres, de 18:30 a 20:30 horas.
Ademais, está prevista a realización da charla DNI electrónico e Administración Electrónica, o día 23 de outubro, ás 19 horas, consistindo a actividade nunha exposición verbo da natureza de tal documento e máis as súas aplicacións prácticas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
huawei_1025317153-2172920907-1542614188427.jpg
Actualidade

Condena xudicial a Huawei nos EE.UU.

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?