Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os logros e eivas da eAdministración, a debate en Vigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os logros e eivas da eAdministración, a debate en Vigo

Fernando Sarasketa
Publicado: 28/09/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

administracion2.jpgA Rede vai parecéndose cada vez máis á nosa vida e dentro desta aplicación ao universo web dunha boa parte do que facemos ou deixamos de facer, os procesos administrativos non ían ser unha excepción. En boa maneira, ten sentido que a comunicación que temos coas institucións públicas se leven a cabo de xeito dixital: afórralles tempo e esforzos a todos os implicados, pode chegar a ser máis segura e eficaz e permite unha xestión dos datos máis rendible e sostible (non se precisan as moreas de papel que ata hai ben pouco se precisaban). Porén, como todo o relacionado coas redes no país, a Administración Electrónica é unha boa nova da que só coñecemos a primeira frase. Contribuír a que se saiba un pouco máis e a que se aproveite o que xa está en xogo son os obxectivos da conferencia que se está a celebrar no Centro Social Caixanova de Vigo e que reúne a máis de 50 especialistas internacionais en materia de TICs e servizos públicos.
A edición 2009 deste encontro (MeTTeG 09) está organizada polo Grupo de Enxeñería de Sistemas Telemáticos da Universidade de Vigo, contando coa colaboración da Xunta de Galicia. Máis polo miúdo e segundo explica Luís Anido, membro da organización, a xuntanza acollerá ata este martes 26 presentacións de 15 países, de Estados Unidos ata a India, “nas que se abordarán tanto o traballo de aplicación directa de tecnoloxías para a provisión de servizos ao cidadán como outros de investigación básica encamiñados a acadar solucións de operatibilidade entre administracións”.
A traxectoria do encontro MeTTeG é a seguinte: recalar en cidades onde existan centros de investigación salientables en servizos públicos dixitais co fin debater a fondo sobre os últimos avances dados en Europa. A aposta de Vigo, conta o vicerreitor de Relacións Institucionais, Iván Area, ten que ver con isto: co compromiso da Universidade a prol da estudar en detalle as posibilidades da Sociedade da Información. Previamente á experiencia viguesa, o evento foi dar a universidades italianas e gregas.
Polo que respecta ao programa, a xuntanza está a contar coa presenza (entre outros) de Antonio Alabau, catedrático de Política de Telecomunicacións na ETSIT de Valencia, quen acode a Vigo para facer un repaso histórico dos programas gobernamentais en materia de pulo á eAdministración e facer un informe detallado do que pode acontecer nos vindeiros anos. Alabau, por certo, está a coincidir en Vigo cos especialistas que certifican a Rede como un altofalante á medida da nosa comunicación e a nosa presenza no mundo: “A Sociedade da Información é irreversible, e cada vez irá a máis. Quen está en contra da modernización se non podemos prescindir do móbil ou ordenador?”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
huawei_1025317153-2172920907-1542614188427.jpg
Actualidade

Condena xudicial a Huawei nos EE.UU.

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?