
A xuntanza mantida hoxe supón un paso máis para avanzar no obxectivo do clúster de consolidarse como interlocutor da Xunta co empresariado do sector no que se refire ás políticas tecnolóxicas. Neste senso, Mar Pereira, amosoulles a súa convicción de que unha cooperación ben estruturada é un dos instrumentos fundamentais para mellorar a competitividade nas empresas e pór en marcha novos proxectos, especialmente nas pequenas e medianas empresas.
Para que todo isto sexa posible, na reunión concluíronse os pasos necesarios a dar nas próximas datas, e que pasan por «convocar a asemblea xeral e, a partir de aí, que haxa eleccións para os órganos de dirección». Co cumprimento destes prazos, no 2010 poderanse trazar xa as liñas estratéxicas do Clúster TIC de Galicia que se encamiñan a potenciar as accións de desenvolvemento das empresas, xerar mercados de alianzas que eleven o nivel competitivo dos produtos e servizos galegos nos mercados estatais e internacionais, establecer convenios de financiamento, favorecer o desenvolvemento tecnolóxico, optimizar as infraestruturas, representar ao sector TIC galego e promover o asociacionismo empresarial.
A Xunta apoiará ao Clúster TIC galego
Compartir Este Artigo
