Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Messenger segue a voltas co seu décimo aniversario
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Messenger segue a voltas co seu décimo aniversario

Fernando Sarasketa
Publicado: 29/09/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

messenger_cumpreanos-30a06.jpgDin que coas novas tecnoloxías non hai volta atrás. Quen usou algunha vez a Rede e foi quen de descubrir o doado que era informarse ou comunicarse, é moi probable que non a solte. Disto tamén tratan ferramentas como Windows Live Messenger, servizo gratuíto dirixido á mensaxeiría instantánea (escribes e comunícaste no intre) sen o que xa non sería posible concibir as pausas de traballo (e o traballo mesmo) dunha boa cantidade de directivos, empregados, funcionarios e estudantes deste mundo. O caso é que o estado español non semella deficitario en uso de Messenger: son 17 millóns de persoas as que o empregan, segundo informa a firma responsable do seu desenvolvemento e se fai eco Xornal.com.
Pois ben, é moi probable que unha boa parte deses usuarios teñan a sensación de que levan coa ferramenta toda a vida, pero nada máis lonxe da realidade: só ten dez anos, e o aniversario segue (logo das actividades das que informamos en xullo).
E se cadra Microsoft ten certas razóns para estirar a festa: a día de hoxe, xa hai máis de 323 millóns de messengueiros asiduos en todo o mundo, sendo de 140 millóns a cifra de persoas que aproveitan todos os días para dedicarlle ao servizo de Microsoft o que antes lle dedicaban a calquera outra canle de comunicación: dende o teléfono fixo ata berrar no patio de luces. Polo que respecta ao número de mensaxes que se envían nun día, a contía dá medo: 8,6 millóns. Segundo conta a empresa e reflicte a dita web galega, hai exemplos que falan por si sós: “se enviaramos unha carta por cada unha das 1,6 miles de millóns de sesións de Messenger que acontecen nun día, e logo se amoreasen as páxinas unha tras outra, o feixe resultante chegaría á Lúa”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
huawei_1025317153-2172920907-1542614188427.jpg
Actualidade

Condena xudicial a Huawei nos EE.UU.

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?