Os tempos cambian, mesmo para unha entidade bancaria que data do 1717 e que é a primeira da nosa terra e tamén do estado español. Porén, se o pensamos detidamente, nin sequera tres séculos de historia representan moita lousa, e máis se o que temos en xogo é a supervivencia da nosa lingua nunha sociedade global que, da man da Rede, non para de enlearse. Pois ben, segundo contan os compañeiros da CiberIrmandade, xa é hora de que o Banco Etcheverria, fundado en Betanzos no 1717 (e polo tanto decano dos bancos galegos) aposte pola lingua natural dunha boa parte dos seus clientes: a lingua galega.
Co fin de crear fronte común arredor desta petición, a CiberIrmandade habilitou na súa web unha solicitude xa feita para que a comunidade internauta lla faga chegar á entidade bancaria. Nela pídeselle á financeira en cuestión que desenvolva unha versión en galego da súa páxina web co fin de ser o máis coherente coa súa propia filosofía (de trato directo e persoal cos clientes) e respectuosa coas cidadás e cidadáns “dos que vivem e com os que convivem”.
Os internautas galegos pídenlle ao Banco Etcheverria unha versión da súa web na nosa lingua
Compartir Este Artigo

