Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un estudio sinala a Google Wave como a vindeira revolución comunicativa da Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un estudio sinala a Google Wave como a vindeira revolución comunicativa da Rede

Fernando Sarasketa
Publicado: 29/09/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

google-wave.jpgPara algúns, Google é unha especie de lobo con pel de año: promove cousas de balde, creando unha pantalla que agrada á opinión pública, mentres por abaixo vai traballando devagar nun latifundio virtual propio de seu. Para outros especialistas, as vantaxes que pon en xogo (o buscador, o visor de mapas vía satélite, a vindeira libraría electrónica, etc) son moito maiores que as posibles eivas que, por outra banda, son propias dunha empresa (e Google non deixa de ser unha multinacional). Leas aparte, o mesmo que se pode dicir de Google pode dicirse de Google Wave, novo modelo de comunicación e colaboración baseado na Web e que serve de obradoiro para traballar colectivamente en múltiples formatos en tempo real. O servizo de Google está a ser recibido de diversas maneiras, pero se cadra e ata que se vexan os resultados prevalecen os bos agoiros. Por exemplo o que achega Enter, o Centro para a Análise da Sociedade da Información, para quen Google Wave non só supón hoxe en día un pulo á innovación tecnolóxica, senón un “cambio radical na maneira en que na actualidade se comunican os internautas”.
Estas e outras conclusións figuran no estudo Sube a marea: vén a Google Wave, un informe exhaustivo que escolma as “múltiples vantaxes” dun proxecto que segundo apuntan os seus creadores constitúe o que sería o correo electrónico se fose inventado hoxe. Por certo que entre eses moitos beneficios do servizo fálase do pulo importante que significaría para a comunicación e a innovación no seo mesmo das empresas.
En palabras dos autores da investigación, “Google non se está imaxinar Wave como un aplicativo web máis que se usa de xeito illado e para certo propósito específico. Google quere que Wave sexa a nova plataforma de comunicación que revolucione a maneira en que as persoas interactúan entre si en Internet”.
O informe en cuestión vén integrado no boletín semanal de Enter e pode descargarse de xeito gratuíto na web do centro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
huawei_1025317153-2172920907-1542614188427.jpg
Actualidade

Condena xudicial a Huawei nos EE.UU.

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?