
Máis en detalle, as características do centro de datos de Interxion, que garanten a achega dos recursos para o funcionamento da estrutura TIC, foi a principal razón que inclinou a Dinahosting a migrar o seu equipo técnico dende un centro de datos en Madrid. Asemade, informa Interxion España ao respecto desta colaboración empresarial, non hai que esquecer que a redundancia de todos os elementos críticos do centro de datos de Interxion posibilita a Dinahosting fornecer un servizo de maior calidade e seguridade para os clientes.
Neste contorno para a información que achega a dita multinacional, a empresa galega tería á súa disposición dúas gaiolas privadas con infraestrutura propia e cun ordenamento dos bastidores en espazos fríos e quentes co obxectivo de optimizar a xestión térmica e a refrixeración dos equipos. Cómpre ter en conta que a infraestrutura técnica habilitada por Dinahosting (na actualidade cunha ampla carteira de clientes aos que dar servizos de hosting, servidores ou rexistro de dominios) precisa dun bo fluxo de enerxía eléctrica, polo que se requiren das meirandes garantías de eficacia e rendibilidade, amais dun deseño do espazo técnico especialmente idóneo. Segundo informa Interxion, estas esixencias están perfectamente cubertas co seu servizo, encamiñado a favorecer unha redución nos custes e un meirande aproveitamento dos recursos xa existentes.
Dinahosting traslada o seu centro de procesamento de datos á multinacional Interxion
Compartir Este Artigo

