Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Microsoft distribuíu en SIMO un libro para programadores da editorial galega Krasis
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Microsoft distribuíu en SIMO un libro para programadores da editorial galega Krasis

Fernando Sarasketa
Publicado: 30/09/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Krasis_ASP.NET-4.0-grande.jpgKrasis Press, tal e como anunciamos hai uns días, vén de xogar un papel de primeira liña na máis recente edición de SIMO Network, a feira tecnolóxica con sede en Madrid que este ano se celebrou entre o 22 e o 24 de setembro. Máis polo miúdo, o papel da empresa galega foi, para entendérmonos, un papel de divulgación en toda regra. Así o fixeron saber os organizadores da feira e así o fixo saber Microsoft, que elixiu á editorial tecnolóxica galega para elaborar e distribuír de balde 6.000 exemplares (a primeira tirada) dun exclusivo libro especializado para programadores.
Cómpre sinalar que a saída do libro (que como dixemos contou co aval de Microsoft) non é a única colaboración activa entre as empresas, posto que Krasis xa puxo en marcha o desenvolvemento de dous novos cursos sobre formación para socios de Microsoft e incluíu o devandito traballo no SCRIBD, a rede social de libros que só vende en EE UU pero que abre as súas portas para a primeira incursión procedente do estado español: o libro de Krasis, Tecnologías ASP.NET 4.0 (Saltando desde la versión 2.0).
Segundo informa a compañía galega, este título en cuestión adiántase medio ano a calquera outra publicación no tratamento do Live Binding e no filtrado automático de datos con Query Extenders, ámbalas dúas tecnoloxías dispoñibles na máis recente plataforma de desenvolvemento web de Microsoft: ASP. NET 4.0. En definitiva, trátase de achegar todo tipo de recursos para incrementar a produtividade empresarial mediante aplicacións 2.0 (participativos e abertos aos internautas).
Por certo que a distribución de exemplares da semana pasada inseriuse nun primeiro intre dentro do ReMIX 2009 (evento de Microsoft encamiñado a desenvolvedores web) para integrarse nos vindeiros días na presentación do Visual Studio 2010, unha xira que se estenderá por todo o estado español ata finais de ano.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?