Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Universidade de Vigo presenta un curso sobre a Web 2.0 na educación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Universidade de Vigo presenta un curso sobre a Web 2.0 na educación

Fernando Sarasketa
Publicado: 01/10/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

web_social.jpgA Universidade de Vigo quere tirarlles partido a todas as novidades da Rede para mellorar na medida do posible a súa oferta docente. Máis polo miúdo, a intención é centrarse en todo aquilo que favorece a comunicación libre, a colaboración activa e san entre usuarios e, sobre todo, a posibilidade de construírmos, coas nosas propias mans e dende unha postura de simples internautas, a Internet mesma. En definitiva, do que se trata é de adaptar a Rede 2.0 á docencia, e viceversa. Este é o gran obxectivo do curso Aplicacións Educativas da web 2.0 que organiza a Vicerreitoría de Formación, unha iniciativa nova (vai pola primeira edición) e que se dirixe a familiarizar aos profesores coas ferramentas máis salientables da Rede social e guialos logo na aplicación á súa actividade diaria.
Máis polo miúdo e segundo conta a Universidade, o gran obxectivo do curso é achegar aos docentes o pulo inicial para que entren nas ferramentas 2.0, das que non deberían ficar á marxe nin permitir que o seu alumnado chegase a desaproveitalas como métodos de comunicación e formación.
A iniciativa, tras unha primeira toma de contacto cos fundamentos básicos da Rede social, entrará de cheo na presentación de aplicativos e servizos como Google e seus apartados Groups, Calendar ou Talk; o soporte para publicar presentacións Slideshare, marcadores sociais como Mister-Wong ou comunidades de traballo cooperativo como Xing. Máis adiante, a iniciativa docente abordará cuestións vinculadas ao fenómeno blog (onde o internauta se converte en xestor dun espazo propio de seu dende o que se comunica co mundo e permite que o mundo se comunique con el) e a súa vertente máis didáctica.
A previsión é finalizar o curso coa creación dun wiki, espazo web colectivo que se abre á colaboración de múltiples internautas a través do navegador web. Os interesados en participar nesta actividade, que se desenvolverá os días 23, 25, 27 e 30 de novembro e 2 de decembro en horario de 10.00 a 14.00 horas, poderán formalizar a matrícula ata o 20 de outubro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?