Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dinahosting presenta a nova versión do seu sitio web, máis dinámico e intuitivo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dinahosting presenta a nova versión do seu sitio web, máis dinámico e intuitivo

Raquel Noya
Publicado: 01/10/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

paneles-dinahosting.jpgDinahosting, a compañía galega independente líder en servizos integrais de Internet en España, vén de presentar o seu novo portal web “multi-idioma”, moito máis moderno e intuitivo, que facilita o contacto do internauta coa entidade á hora de atopar as facilidades que esta lle pode ofrecer, en materia de xestión en liña.
Entre as novidades que presenta este novo portal, cun deseño moito máis atractivo e funcional, destaca a presentación do novo Panel de Control que oferta a compañía, baseado, segundo informan os seus responsables, “en anos de experiencia e na opinión de milleiros de usuarios da Rede”. Trátase dunha novidosa ferramenta que concentra todos os servizos dispoñibles en Dinahosting, lista para usar e “pensada para o cliente, para que este esqueza as curvas de aprendizaxe”.
Esta tecnoloxía, cen por cento española, foi deseñada para facilitar a xestión e administración dun volume ilimitado de dominios, servidores dedicados administrados e non administrados, servidores de xogos e aplicacións específicas para Resellers, entre outros servizos.
Asemade, o Panel de Control da Dinahosting caracterízase, segundo afirman dende a entidade, “pola usabilidade e facilidade de xestión e organización dos servizos integrais multiplataforma, nun ambiente completamente personalizable polo cliente/usuario”.
Outra das características principais desta aplicación de rápida interfaz, son as opcións de configuración e protocolos de seguridade que permiten ao usuario ou usuaria escoller entre diversas ferramentas avanzadas de seguridade, tales como xeolocalización, tarxeta de chaves, auditoría para contrasinais, logs e informes… ademais de dispor dun sistema de soporte técnico 24×7 completamente de balde, a través do teléfono, email, chat en liña directamente con persoal cualificado e Skype.
Desde o seu nacemento en 2002 e tratándose da empresa líder no sector de capital español, Dinahosting anuncia que superou os 50.000 clientes, o que significa un volume de máis de 94.000 dominios administrados en 78 países distintos. A previsión da compañía de servizos integrais na Internet é “converterse na empresa española de referencia en implantación tecnolóxica, chegando a un total de 4,5 millóns de euros, o que implica un crecemento para finais de 2009 do 30%”. Sen dúbida, o aumento da carteira de clientes, que é un 25% máis respecto ao ano anterior, demostra o imparable crecemento da compañía española e demostra o éxito do plano de expansión internacional.
En palabras do director comercial da entidade, como mostra deste espirito de superación, Alberto de la Morena afirma, “a Dinahosting está nunha nova etapa de desenvolvemento, co obxectivo de facilitar o control dos recursos corporativos de forma doada e sinxela. Apostando sempre pola innovación e a calidade, o noso obxectivo é proporcionarmos un servizo que nós, como usuarios, gustaríamos de recibir”,
Ademais da renovación do sitio web e do desenvolvemento do Panel de Control “máis avanzado do mercado”, a Dinahosting realizou unha serie de melloras na súa oferta de produtos, pondo a dispor dos seus clientes servizos de alta calidade moi competitivos como por exemplo, VPS a prezos de hosting compartido, licenzas ilimitadas en servidores dedicados, máxima seguridade e protección de datos, entre outros; ademais de ofrecer grandes descontos inmediatos co Programa de Puntos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?