Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Rede de Dinamización recolle nun blog o son das campás galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Rede de Dinamización recolle nun blog o son das campás galegas

Raquel Noya
Publicado: 02/10/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

campanario_galego.jpgSe hai algo que nos guste aos galegos e galegas que amamos a nosa Terra por enriba de todo, iso son os prados verdes que todos envexan alén das nosas fronteiras, as limpas e tranquilas praias que todos os españois quixeran ter nas súas vilas, o rico marisco regado sempre cun bo albariño (que non falta en ningunha celebración que se prece) e esa retranca tan característica que fai que sexamos queridos onde queira que vaiamos.
Porén, se cadra, no medio de tantas cousas boas, ás veces esquecemos a importancia dos pequenos detalles, que residen, por exemplo, no arrecendo a pan recén feito en forno de leña, no ruído da choiva contra a fiestra nunha tarde de inverno, no vistoso das flores do toxo que adornan os nosos montes (cando temos sorte e non arden), ou no repicar das badaladas que avisan de algo importante ou no paso das horas en cada vila e cidade galega.
Isto último é precisamente o que a Rede de Dinamización en colaboración con varios concellos galegos quere evitar que esquezamos: o repicar das badaladas. Para iso, varios dinamizadores dos centros de dinamización de Moaña, Pontevedra, Ames, Bueu, Sada e Valga, están a colaborar na creación dun blog (A língua das Campás) no que recoller os sons das badaladas galegas gravados “in situ” polos propios veciños e veciñas; buscando, segundo afirman, “o son das badaladas que enchen o silencio das aldeas”.
A Língua das Campás nace coa idea de ofrecer en Internet novos contidos de interese para a poboación galega, e que sexa esa mesma poboación a que participe activamente no crecemento da rede. Así, búscase a inmersión nas Novas Tecnoloxías a través da promoción das tradicións propias, polo que se trata de conservar e recopilar as señas de identidade.
Durante moitos anos, aseguran os responsables da iniciativa, “o son das campás tivo un lugar protagonista nas nosas comunidades”. “O seu labor”, engaden, “non era só chamar a xente para a acudir á igrexa senón que era o principal medio de comunicación no rural. Segundo como se marcara o ritmo no repicar das campás a xente sabía que había boas ou malas novas. Agora moi poucos saben recoñecer esa linguaxe e espérase que con esta iniciativa se poidan recuperar”.
Os obxectivos que se queren acadar con esta actividade son, entre outras cousas, promover o acceso “democrático” ás Tecnoloxías da Información e a Comunicación, xerar un espazo de recompilación da cultura local e da comunidade galega, crear un centro de documentación dixital que recolla o son dos campanarios de Galicia e favorecer a participación da cidadanía galega residente noutros puntos de España e do extranxeiro a través da Rede.
Xa que logo, os interesados en participar nesta pioneira iniciativa, tan só terán que achegarse ata o Centro de Dinamización máis próximo ou consultar o blog oficial de Badaladas, onde se atopa a información sobre esta actividade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?