Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Serafín Zubiri aproveita a súa peregrinaxe a Compostela para pedir tecnoloxía accesible e comprometida
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Serafín Zubiri aproveita a súa peregrinaxe a Compostela para pedir tecnoloxía accesible e comprometida

Fernando Sarasketa
Publicado: 07/07/2009
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

serafin_zubiri_obradoiro.jpgPolo Camiño de Santiago semella chegar de todo: incluso mensaxes de inclusión social e de compromiso na procura dunha Sociedade da Información que nos abranga a todas e todos. Estes, entre outros, foron os motivos que impulsaron este ano ao cantante Serafín Zubiri (membro da directiva da Fundación Tecnoloxía Social) a percorrer o itinerario xacobeo, e así llelos expresou no mediodía deste martes 7 á gran cantidade de medios de comunicación que se reuniron na Praza do Obradoiro con motivo da súa chegada. O artista invidente, que chegou en tamdem cunha chea de deportistas patrocinados por AC Hoteis, tivo algo xenérico e algo específico que contarnos.
Por unha banda, fixo fincapé na importancia que teñen hoxe as novas tecnoloxías da información para favorecer a integración plena na sociedade de todas as persoas con diversidade funcional, de aí a transcendencia de botar abaixo os posibles atrancos que afasten a estes colectivos do seu emprego (sobre todo, hardware e software axeitado para unha maioría que pode moverse ou ten capacidade de visión pero que deixa fóra a unha grandísima minoría de colectivos con outras características físicas ou psíquicas).
Por outra banda, aproveitou a oportunidade para dar a coñecer Kapten, dispositivo tecnolóxico desenvolvido na súa orixe para o groso da poboación pero que, de xeito paradoxal, achega importantes vantaxes para o día a día das persoas cegas.
Este aparello, que funciona con voz e do mesmo xeito (con voz) lle responde ao usuario, ten amplas posibilidades de apoio e asistencia para as persoas invidentes. No caso de Zubiri e o seu percorrido acabado de rematar, serviulle entre outras cousas para poñelo ao tanto en todo intre da súa localización ao longo do Camiño, das rutas a seguir, das características desas rutas (se tiñan moito tráfico, se viñan curvas ou costas abaixo) dos puntos de interese turístico que estaba a piques de visitar ou dos establecementos máis idóneos para comer ou ben descansar.
A visita do cantante e a súa intervención cos medios foi apoiada pola Fundación Tecnoloxía Social (da que Zubiri é un dos seus principais valedores) e pola súa plataforma aliada en terras galegas, a Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías da Información e a Comunicación, AGESTIC. De feito, foi José María López Bourio, presidente da dita entidade galega, quen dirixiu unha boa parte das actividades a prol das redes cen por cen accesibles desenvolvidas na Praza do Obradoiro a raíz da visita do cantante.
Asemade, o acto contou coa presenza de Antonio Catalán, presidente de AC Hoteis, xunto a un completo grupo de empregados da compañía e integrantes da Fundación ONCE, principalmente deportistas invidentes. A maiores, a chegada do artista navarro serviu tamén para sentar os alicerces de futuras colaboracións coa Xunta, estando previsto na axenda de actos de hoxe amosarlle as vantaxes da devandita tecnoloxía GPS á secretaria xeral de Familia, Susana López. A idea, máis polo miúdo, é acadar apoios de abondo para poñer en marcha, dende FTS e AGESTIC, unha peregrinación para o Ano Santo 2010 que moi dificilmente deixará a alguén indiferente. Trátase do proxecto de inclusión social e tecnolóxica O Camiño dos Satélites, unha especie de continuación ampliada da experiencia de hoxe na que tomarán partido unhas cen persoas invidentes percorrendo o itinerario xacobeo (en bicicleta e máis a pé) coa axuda do dispositivo.
Volvendo ao miolo deste, dicir que se trata dun navegador GPS sen pantalla e que tivo o seu xermolo en Francia da man da empresa Kapsys, quen optou pola voz como método de comunicación co usuario polos moitos atrancos de regulamento que se lles están a pór no camiño aos aparellos con pantalla (principalmente porque provocan distraccións nos condutores).
Con todo, grazas a esta aposta polo sonoro, ofrece interesantes vantaxes para as persoas invidentes. Kapten responde a sinxelos comandos de voz e devolve información a través dunha síntese de voz clara e comprensible. Asemade, inclúe funcións de reprodutor de música e mans libres para un teléfono móbil compatible con Bluetooth. O produto está a ser comercializado en España por Tenyus SocialWare.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?