O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), na súa teima por achegarlle os seus servizos e axudas aos usuarios e usuarias de todo o país do xeito máis heteroxéneo posible (algo que xa leva intentando todos estes anos a través das oficinas territoriais que ten ubicadas nas sete principais cidades galegas), vén de lanzar o seu primeiro newsletter móbil, como piloto coa información dos novos programas que a entidade leva a cabo.
Porén, os progamas Re-Solve e Re-Brote, que a entidade pública puxo en funcionamento para prestar apoio a autónomos e pequenos empresarios, transmitirán a información empregando a plataforma de Marketing Móbil, MobiGuias, que lle facilita as versión para móbiles, pda, blackberry e iPhone, todas coa mesma look&feel e usabilidades, asi como a distribución vía sms e a obtención de estatísticas de descargas en tempo real.
A administración pública galega, consegue, con esta acción, dar un paso máis cara a dixitalización total de todos os seus servizos así como no nexo de comunicación coa cidadanía galega.
O IGAPE lanza o seu primeiro servizo de newsletter móbil
Compartir Este Artigo

