Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os servizos sociais, máis preto grazas a un novo titorial dos Telecentros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os servizos sociais, máis preto grazas a un novo titorial dos Telecentros

Fernando Sarasketa
Publicado: 02/10/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

titorial_servizos_sociais.jpgA Rede é un servizo de información de primeira orde. As posibilidades de tirarlle partido para mellorar no posible a nosa calidade de vida son ben grandes. Porén, ás veces o coñecemento que nos pode axudar, malia estar preto, non está cen por cen visible. Facer que non pasemos de largo sen velo é o gran obxectivo dos titoriais que está a presentar a Secretaría Xeral de Medios: recursos para que obteñamos o mellor da Rede na Rede de Telecentros espallada por toda a nosa xeografía e pertencente ao devandito departamento.
Se hai uns días falabamos do titorial encamiñado a favorecer o noso día a día, agora toca facelo dunha nova entrega presentada hoxe: o titorial Servizos Sociais na Rede.
A achega, avaliada en detalle polo subdirector xeral de Enxeñaría e Planificación de Telecomunicacións, Ignacio Otero, vai dirixida a amosarnos as facilidades que a Rede nos pode achegar na obtención de coñecemento práctico sobre as áreas que abranguen os servizos sociais.
A presentación da iniciativa, na que tamén estivo presente Modesto Rouco (subdirector xeral de Promoción da Autonomía Persoal), celebrouse en espazos diferentes da nosa xeografía e de xeito simultáneo: en Santiago (sede física da presentación), A Cañiza, Tui, Ourense, Lugo, Betanzos e Oroso. A clave: tirar partido da videoconferencia dende os Telecentros de Telecomunicacións.
Por certo que o titorial, que é un engadido formativo para as usuarias e usuarios dos ditos Telecentros, xurde no marco do proxecto multimedia da campaña Comunícate, da Secretaría Xeral de Medios. Como dixemos, o gran obxectivo desta nova entrega é facilitar o camiño da cidadanía aos servizos sociais, recursos que a día de hoxe se teñen convertido “no cuarto piar dos sistemas de benestar da sociedade”, subliñou Modesto Rouco durante a presentación. En definitiva, trátase dunha guía para coñecer de primeira man o que poden facer por nós as institucións e organizacións en materia de atención á discapacidade, dependencia, inclusión social ou políticas destinadas á mocidade. Asemade, serve tamén para facer máis doado, a través da Rede, o camiño da posta en marcha e desenvolvemento dos trámites dispoñibles.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?