A TDT de pago conta polo momento cunha única canle en España, que tamén está presenta a través doutras plataformas, nas que parece estar a endurecerse a competencia, e así vemos como a operadora galega R vese forzada a rebaixar ao 50% durante 3 meses a subscrición a Gol Televisión, en boa medida porque a súa oferta custa o mesmo que a través da TDT (14,90 euros + IVE ao mes) e porque Telefónica incorporou a canle deportiva sen sobrecusto nos seus paquetes de Imagenio Familiar (que inclúe máis de 70 canles de televisión).
Resulta rechamante que R inicie este tipo de promoción cando leva máis dun mes comercializado a canle deportiva de Mediapro, e non aplicase este desconto aos clientes que subscribisen Gol Televisión durante o mes de lanzamento, aínda que segundo advirten nos foros de BandaAncha.eu ao chamar o servizo de atención ao cliente da compañía aplican a promoción.
R rebaixa por só 3 meses a subscrición a Gol Televisión en resposta á competencia de Imagenio
Compartir Este Artigo
