O telescopio espacial Spitze, o observatorio espacial infravermello que permite estudar obxectos que van dende o noso Sistema Solar ata as rexións máis distantes do Universo, vén de detectar o maior anel do sistema solar na órbita de Saturno, que se estende, segundo indica o xornal galego La Voz de Galicia, “a 13 millóns de quilómetros de distancia do planeta e está 50 veces máis lonxe que os aneis máis coñecidos”.
A NASA xa fixo públicas as primeiras imaxes tomadas polo devandito telescopio e nelas, pódese ver un círculo de po de unha dimensión considerable, que, segundo os expertos, podería terse formado “a partir de restos desprendidos da lúa Febe logo de que esta recibira pequenos impactos”.
Trátase do meirande anel deste planeta e incluso do sistema solar, que desbanca ao anel E, un dos aneis de Saturno que rodea ao planeta a unha distancia de 240.000 kilómetros.
Este hachado débese a un equipo de expertos das universidades de Maryland e Virginia (EE.UU), responsables da investigación, os cales consideran “que o po que forma este anel podería ser recollido por outra das lúas de Júpiter, Japeto”, “o que resolvería”, engaden, “un dos grandes misterios da astronomía: por que este satélite presenta dúas caras con diferentes tonalidades”.
A NASA detecta o meirande anel nunca visto no noso Sistema Solar
Compartir Este Artigo

