Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Endesa presenta unha web para axudarnos a consumir enerxía de xeito eficaz
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Endesa presenta unha web para axudarnos a consumir enerxía de xeito eficaz

Fernando Sarasketa
Publicado: 07/10/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

endesa_twenergy.jpgA empresa enerxética Endesa está a tirar proveito da Rede para informar dunha cuestión que á cidadanía lle preocupa por partida dupla, tanto polo que supón para á súa propia economía como polo que lle achega, mal encamiñado, ao medio ambiente: o consumo de electricidade. Máis en detalle, trátase da posta en marcha da web www.twenergy.es, unha páxina con feitura e obxectivos de comunidade en liña (de feito, dálle azos ao intercambio de coñecemento) que se dirixe a favorecer e fomentar o consumo responsable da enerxía.
O seu xeito de actuar é o seguinte: facilitándolles aos internautas que tamén son usuarios de servizos de electricidade (cousas que de darse no fogar non poden ir desligadas) solucións e ferramentas para seren máis eficaces no seu consumo.
A idea, malia proceder dunha empresa enerxética (a priori interesada en que se consuma máis), é evitar que a factura do mes sexa coma unha lousa, e co beneficio de estar contribuíndo á defensa do medio ambiente.
Segundo conta Endesa, Twenergy está dirixida a todas as persoas que desexen comprometerse co pulo ao aforro enerxético. A web, que permite a interactuación dos membros da comunidade, posibilita tamén a obtención de puntos por eficacia conseguida, bagaxe que os internautas poderán trocar por agasallos ou por votos para o desenvolvemento de iniciativas solidarias promovidas por organización non gobernamentais.
A web está formada por catro seccións, desenvolvidas para facer máis doada a implicación activa da comunidade reunida ao acubillo do portal:
· O blog Aprende. Nel, os internautas poderán ler artigos sobre cuestións ligadas á eficacia enerxética e achegar o seu punto de vista sobre elas. Tamén terán a opción de descargar guías prácticas relacionadas co aforro enerxético.
· A sección Actúa. A idea é promover melloras nos nosos comportamentos de consumo a través dunha serie de retos que a páxina propón dependendo das características e os hábitos de cada usuario. Estes retos, unha vez superados, serán recompensados cos devanditos puntos.
· Recolle. Este apartado permite o cambio dos puntos por apoio a proxectos solidarios ou ben por agasallos.
· Comparte. Nesta sección habilítase un foro para que os internautas teñan ocasión de intercambiar experiencias e ideas vinculadas co emprego eficaz da enerxía.
A web é unha iniciativa inserida dentro do Plan de Eficacia Enerxética (PE3) de Endesa, que a xuízo da compañía prolonga o itinerario seguido pola mesma ao longo dos últimos anos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?