Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta incorpora tres novos polígonos industriais ao seu proxecto de Rede WIMAX
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta incorpora tres novos polígonos industriais ao seu proxecto de Rede WIMAX

Raquel Noya
Publicado: 08/10/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

wimax.jpgA Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxicas, na súa teima por levar a banda larga a cada recuncho do noso país, sobre todo ata aqueles lugares onde máis se precisa unha boa conexión por mor de darlle servizos ás empresas radicadas na zona, vén de incorporar ao seu proxecto WIMAX en polígonos industriais, a tres novos complexos galegos: o Parque Empresarial de Guitiriz, o Polígono Industrial Curtis-Teixeiro, e o Polígono Industrial As Lagoas, no concello de Narón, os cales se suman a outros seis parques que xa tiñan operativa dita rede no noso país.
A través desta iniciativa, o devandito organismo público busca paliar as deficiencias que teñen algúns polígonos empresariais galegos para acceder á Rede e poder así competir en igualdade de condicións no mercado nacional e internacional.
Mediante esta actuación, que conta cun orzamento de 4,8 millóns de euros, e que está sufragada en parte por fondos FEDER, a Xunta vai permitir a transmisión de datos empregando ondas radioléctricas nos polígonos empresariais adheridos á iniciativa, o que permitirá arranxar, segundo afirman os seus responsables, “unha grave carencia ao tempo que dotará ás diferentes zonas dunha grande capacidade de atracción para achegar novas empresas”.
Segundo vén de indicar a Secretaría Xeral de Modernización, “a construción das redes nos polígonos baséanse en estándares e tecnoloxías que permiten alcanzar altas capacidades e garanten unha elevada dispoñibilidade do servizo”. Para elo, continúan, “instálase unha estación base en cada polígono, e as empresas e residentes na zoas de cobertura poderán contratar o acceso a internet de banda larga, desde 2Mps ata 12Mbps, con prezos que parten dos 30 euros mensuais”.
Igualmente, indicaron, “a estación permite ofertar tamén servizos de voz mediante a tecnoloxía VoIP así como contratar servizos de valor engadido como videovixilancia ou intranet corporativa”.
Na actualidade, e á marxe dos vinte polígonos –contando os tres de hoxe– que xa contan con esta rede, a Xunta vén de anunciar que “outros once parques industriais incorporaranse ao proxecto durante os próximos meses”.
Asemade, a entidade responsable da iniciativa afirma que “a existencia de crédito suficiente, permitirá acometer dúas novas instalacións nos parques empresarias de Foz e Xermade”, polígonos que se atopan nun estado aventaxado de instalación, e nos que se poderán rematar as obras a finais deste mes ou a comezos do mes de novembro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?