Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arroutada Party pecha a súa XVI edición con máis de 1.200 visitantes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arroutada Party pecha a súa XVI edición con máis de 1.200 visitantes

Raquel Noya
Publicado: 13/10/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Arroutada_party.jpgO maratón informático Arroutada Party, que este ano celebrou a súa décimosexta edición no Coliseum da Coruña, pechou as súas portas onte á tarde logo de concitar o interese de preto de 1.200 persoas das que 600 permaneceron no interior do recinto ao longo dos últimos catro días.
Deste xeito, mentres que o resto dos habitantes do país dedicaron a ponte a pasar o tempo coa familia ou descansando do estrés acumulado ao longo dos últimos meses, os participantes desta party, unha das máis importantes de Galicia, non dubidaron en achegarse á Coruña e dedicar preto de 80 horas a conectarse con outros equipos para “descargar, compartir e disfrutar”, sen apenas descanso.
Ao longo de catro intensos días de descargas, xogos, competicións, concursos e intercambio de contidos, os participantes, chegados na súa maioría de Galicia, Castela e León, Asturias, Valencia, Aragón ou o País Vasco, tamén tiveron tempo para relacionarse e debater temas de actualidade dun xeito distentido e respetuoso, sempre cun chisco de bo humor e desenfado.
Segundo apunta Carlos Pastoriza, o actual vicepresidente da Asociación da Mocidade Informática Galega (AMIGA), colectivo sen ánimo de lucro que organiza esta party dende o ano 1995, “todos e todas as participantes responderon de xeito totalmente responsable”, algo moi importante de cara á celebración de outra edición deste evento, que a organización xa está barallando.
“Cando empezou a Arroutada Party”, continúa Pastoriza, “as metas eran divulgar a informática entre persoas que non tiñan nin idea e xuntábanse para compartir conectividade, algo que non podían facer desde as súas casas. Agora as posibilidades de acceso ás Redes son rápidas e máis baratas que naqueles anos iniciais, pero, a pesar diso, seguimos querendo encontrarnos para intercambiar información e para divertirnos”, engade.
Pese ás dificultades económicas que supón a organización dun evento destas características (o presuposto desta edición de Arroutada rondou os 24.000 euros), os membros deste colectivo xa están a pensar na seguinte edición de Arroutada Party, “con algunhas variacións”, indican, “como o cambio de datas, o traslado do maratón ó mes de agosto, o traslado do Coliseum á Expo Coruña, a organización dunha feira de videoxogos”…
Nesta edición, os organizadores contaron coa colaboración dalgunhas empresas e institucións que prestaron o seu apoio ao éxito do acontecemento. Entre os organismos e institucións públicas destacan as concellarías de Cultura e de Xuventude do Concello da Coruña, IMCE –empresa que xestiona o Coliseum-, a Facultade de Informática, a Deputación, e os representantes do ámbito empresarial informático como Cisco System, Microsoft – Xbox 360 e Coca Cola.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?