Os usuarios norteamericanos de iPhone e iPod Touch poden atopar de balde na App Store a aplicación Photoshop.com Mobile, que permite levar o retoque fotográfico aos terminais de Apple, de xeito que facilítanse funcionalidades coma cortar, rotar e voltear, modificar a exposición, a saturación e a cor, converter a branco e negro e aplicar distintos filtros (coma warholizar unha imaxe, pórlle borde branco, desenfocar, envellecer, engadir brillo…). En definitiva, unha serie de posibilidades que agradecerá calquera usuario medio que desexe aplicar certos efectos en ter que copiar as imaxes antes a un ordenador.
O uso da aplicación é moi intuitivo e doado, e aínda que se boten en falta algúns efectos (coma un filtro de redución de ollos vermellos), a principal eiva que poderiamos destacar é o feito de que aínda non está dispoñible oficialmente dende España.
Photoshop.com Mobile chega ao iPhone
Compartir Este Artigo

