Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Industria abre unha consulta pública sobre a banda larga como elemento do servizo universal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Industria abre unha consulta pública sobre a banda larga como elemento do servizo universal

Raquel Noya
Publicado: 14/10/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Banda_ancha.jpgO Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, na súa teima por dar conta das vantaxes das novas tecnoloxías e Internet entre a cidadanía e co obxectivo de comprobar ata onde chegan os servizos reais que ofrece a administración e as operadoras na actualidade, vén de abrir unha consulta pública sobre o servizo universal, a fin de contar coa opinión das partes interesadas (usuarios, operadores…) acerca das prestacións da banda larga como elemento do servizo universal, así como sobre os aspectos máis relevantes ao considerar na designación de operador ou operadores que desempeñen esta función a partir do vindeiro 1 de xaneiro de 2011.
A consulta está a disposición dos usuarios na páxina web do Ministerio e as respostas á consulta deberán remitirse, antes do 26 de outubro, por correo electrónico.
O servizo universal está constituído por un conxunto de elementos cuxa prestación garánteselle a todos os cidadáns que o soliciten, independentemente da súa localización xeográfica, cunha calidade garantizada e a un prezo asequible.
Na actualidade, inclúe a telefonía, os servizos de axuda ao establecemento de chamdas (guías e consulta telefónica de números de aboado), a telefonía de uso público dende cabinas, o acceso funcional a Internet básica, o Abono Social para usuarios con necesidades sociais especiales e outras medidas específicas para os usuarios con discapacidade.
O aspecto máis relevante desta consulta é o relativo ás prestacións da banda larga como elemento do servizo universal, que se deberá incluír na normativa nacional tan pronto como o permita o marco regulador comunitario que está agora en proceso de revisión. O obxectivo é contar coa opinión das partes interesadas de cara á determinación, por parte do Goberno, dos termos nos que se levará a cabo.
Os principais aspectos sobre os que se recaba a opinión dos interesados son, entre outras cousas, a velocidade nominal mínima que deberá proporcionárselle ás persoas interesadas, o emprego de tecnoloxías móbiles no acceso, o calendario de implantación e os modelos tarifarios da banda larga do servizo universal.
A partir dos resultados obtidos, e dependendo do interese que exista por parte de operadores ou empresas en ser designados como operadores do servizo universal, o Ministerio de Industria, vén de anunciar que convocará os concursos que sexan necesarios por elementos e zonas xeográficas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?