Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Modernización colabora no proceso de informatización da actividade xudicial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Modernización colabora no proceso de informatización da actividade xudicial

Raquel Noya
Publicado: 15/10/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Mar Pereira tras a xuntanza coa Comisión de Seguimento do Convenio EJIS
Mar Pereira tras a xuntanza coa Comisión de Seguimento do Convenio EJIS
A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, que dende que tomou posesión do cargo non deixou de manter reunións con unhas e outras entidades para tratar de levar as novas tecnoloxías a cada recuncho do país, vén, desta volta, de reunirse coa Comisión de Seguimento do Convenio EJIS (Esquema Xudicial de Interoperabilidade e Seguridade) subscrito entre o Ministerio de Xustiza, o CGPJ e a Fiscalía General do Estado, para colaborar “de maneira activa” con eles e “estar á cabeza” no proceso de modernización dos sistemas de información xudiciais.
Nesta xuntanza déronse cita os responsables das institucións implicadas e das seis comunidades autónomas que, ata o de agora, teñen manifestado “de maneira explícita” o seu interese en adherirse a este convenio; un acordo que establece a colaboración entre as diferentes administracións co fin de optimizar e aumentar a efectividade na aplicación das novas tecnoloxías ao ámbito xudicial. Para iso, esta comisión constituída hoxe encargarase de planificar as actuacións que se acometerán nun futuro.
Galicia está, polo tanto, entre as seis primeiras comunidades que se suman a este acordo, que persegue “fixar” un traballo conxunto entre as diferentes administracións implicadas para traballar no ámbito da interoperabilidade e a interconexión dos sistemas de información xudiciais, abondou.
A comisión constituída hoxe para o seguimento deste acordo persegue que a interoperabilidade e a seguridade que se buscan “contribúan a mellorar a eficiencia dos servizos públicos de atención ao cidadán e o propio funcionamento interno da Administración”. Tamén evita a duplicidade de esforzos, o que permite que as administracións competentes poidan cooperar na resolución dos procedementos, ao tempo que colaboran en dotarse dos mellores medios para iso.
A finalidade do convenio obxecto desta comisión, resumiu Pereira, “é facilitar o máximo aproveitamento das tecnoloxías da información e as comunicacións na actividade xudicial, en condicións de eficacia, eficiencia, racionalidade económica e calidade, empregando as plataformas tecnolóxicas e as aplicacións informáticas precisas”.
A intención, en resumidas contas, é aunar esforzos por parte de todas as administracións implicadas para acadar o obxectivo de interoperar os distintos sistemas informáticos existentes con todas as garantías de seguridade e tendo en conta os medios técnicos existentes para facilitar a interconexión entre eles.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?