
O equipo está integrado por 30 persoas, todas elas expertas profesionais tanto en informática como nunha ampla variedade de produtos tecnolóxicos, que os clientes poderán atopar neste novo establecemento dirixido por José Luis Martínez Ingelmo.
Esta nova tenda ocupa unha superficie de 1.000 metros cadrados e nela, PC City porá de novo todos os mellores produtos e servizos ao alcance dos seus clientes.
Unha das vantaxes que presenta PC City é que é o único retail de produtos electrónicos que ten unha zona denominada Área de servizos, onde se revisan, reparan, actualizan e manteñen ordenadores e outros produtos.

Asemade, a tenda contará con outra exitosa área, a denominada PC City Empresas, un departamento no que se oferta un servizo e atención persoalizados exclusivamente para empresarios. PC City Empresas dispón dun servizo de renting para Informática, Smart Plan, e un surtido altamente especializado para atender as necesidades de Informática da pequena e mediana empresa. Este tipo de clientela tamén dispón dun teléfono de atención exclusivo para empresas: o 902 636 053, ao que poden chamar para calquera asunto relacionado coas novas tecnoloxías e a comunicación da súa compañía.
Todo isto, segundo afirman os seus directivos, englóbase dentro do desenvolvemento do “concepto de negocio multi-channel (multicanal) que caracteriza a PC City, no que todos os clientes atoparán o medio que mellor se adapte ás súas necesidades para mercar cómoda e fácilmente, tanto nas tendas físicas como a través das súas páxinas web, onde está habilitado o servizo Entreg@tienda, para que o cliente reserve o produto vía on-line e posteriormente o recolla na tenda que escolla.”.
A nova tenda de Meixueiro está deseñada, segundo afirman, “para facilitarlle ao consumidor a localización dos produtos e servizos que precise, seguindo o novo modelo xa experimentado en Alcorcón e Badalona”.
“Este modelo céntrase”, engaden, “en dispensar unha meirande e mellor atención ao cliente, un asesoramento máis especializado e un trato máis cordial”.
PC City reforza a súa presenza en Galicia, coa apertura dunha tenda en Vigo
Compartir Este Artigo

