Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A manifestación a prol do galego deste domingo, polo miúdo na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A manifestación a prol do galego deste domingo, polo miúdo na Rede

Fernando Sarasketa
Publicado: 16/10/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

queremos_galego-2.jpgA falta dun seguimento nos grandes medios informativos galegos (cousa previsible, tendo en conta que case todos levan anos dándolle as costas á nosa lingua, dá igual o seu tamaño e repercusión), a comunidade internauta galega está a pechar fileiras arredor da mobilización deste domingo 18 de outubro. A convocatoria, da que xa falamos nesta web para informar da distribución na Rede de material gráfico que promovese ata onde fose posible a participación de todas e todos (con independencia da ideoloxía), vén da man da plataforma Queremos Galego, que ten como obxectivo poñer freo aos plans que a nova Xunta está a poñer en marcha para rebaixar a presenza da nosa lingua nos eidos da educación, a vida pública ou mesmo a cultura.
Como dixemos, a mobilización, que ten o seu punto de partida na Alameda de Santiago de Compostela ás 12 horas do domingo, está a atopar especial seguimento en medios galegofalantes, como é o caso de Galicia Hoxe, Xornal.com (que inclúe unha entrevista con Xurxo Souto, membro de Queremos Galego), Vieiros ou A Nosa Terra, pero a convocatoria apenas aparece reflectida nas edicións en papel e dixitais dos grandes xornais (e no caso de facelo, cómpre facer esforzos para ver a información).
E todo isto malia estar mobilizadas ata 500 entidades, dous partidos políticos (o BNG e máis o PSOE, estando prevista tamén a participación de algúns representantes do PP) e contarse co aval de máis de 3.000 persoas (asinantes en apio da plataforma).
Entre as moitas webs que si que están a achegar cobertura previa á manifestación atopamos a de Komunikando (que dá conta das actividades da xornada previa), a de Galiciae (informando entre outras cousas da presentación da plataforma en Madrid) ou as páxinas de GZNación, ADEGA, A Mesa, O Colectivo Ártabra, O Consello da Cultura Galega ou El País.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?