Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: EGANET pon ao alcance das empresas galegas o selo europeo e-Excellence
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

EGANET pon ao alcance das empresas galegas o selo europeo e-Excellence

Fernando Sarasketa
Publicado: 16/10/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

selo_e-excellence.jpgO mundo empresarial TIC xa ten unha historia. Relativamente breve, pero unha historia a fin de contas. En certa maneira, unha década na primeira liña competitiva do dixital non é exactamente unha década. Tendo en conta o enleado do sector e o escasamente firme que era o terreo pisado ata hai ben pouco, estaríamos a falar de moito máis tempo. Polo tanto, faise especialmente preciso acreditar unha traxectoria, unha experiencia e unha calidade. Sobre todo se o que se pretende é afianzar produtividade e potencial para competir. Favorecer este punto é un dos cometidos de EGANET (Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías), que está a poñer a disposición das firmas do país un dos máis prestixiosos avais dos que se teñen constancia no ámbito da industria TIC. Segundo informa a entidade, a convocatoria para acadar o European Seal of e-Excellence (Selo Europeo de e-Excellence 2010) xa está aberta de xeito oficial.
O distintivo en cuestión, que salienta as traxectorias excelentes na achega comercial de innovación, tería na dita asociación galega a súa primeira socia galega.
Segundo conta EGANET, os responsables do selo (unha rede de medios dixitais europeos en distintas asociacións) estarían arestora a procurar na nosa terra empresas susceptibles de seren premiadas polas súas prácticas en materia de fornecemento de I+D.
Máis polo miúdo, o distintivo dedícase a promover no mercado mundial aquelas firmas con servizos e produtos novos e aquelas entidades empresariais con excelentes métodos de traballo na comercialización e difusión deses produtos.
Para EGANET, a edición deste ano será unha boa oportunidade para que empresas galegas incorporen o selo como acreditación da súa calidade. O prazo para solicitalo estará aberto ata o día 31 de decembro deste ano. As empresas interesadas poden inscribirse en liña mediante a páxina web oficial. Entre as vantaxes que terán ao seu alcance no caso de seren obxecto do devandito certificado atópanse as seguintes: publicidade de todo tipo, presenza nos programas de promoción, inclusión no Foro Europeo do Multimedia ou tarifas preferenciais para todos os servizos de e-Accelerator.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?