Yoigo vén de informar sobre a envergadura da súa rede, que a xuízo da operadora non só segue en proceso de medre constante, senón que é unha das grandes responsables do seu éxito. A día de hoxe, sinala a empresa, a infraestrutura propia conta con máis de 3.000 estacións base instaladas en todo o territorio español, “unha cifra que vai alén dos compromisos da súa licenza de telefonía”. Deste xeito, e grazas ás ampliacións levadas a cabo recentemente, a rede achega cobertura propia de Yoigo ao 58% da poboación. O resto do territorio, engade a operadora, fica con servizo grazas aos acordos de roaming nacional 2G e 3G.
O obxectivo de Yoigo é chegar ás 3.300 estacións e a unha situación de cobertura propia para todas as provincias españolas de aquí ao mes de decembro. “Un ritmo que suporía o equipamento e posta en funcionamento dunha medida de catro novas estacións base cada día”, engade a compañía nun comunicado.
Yoigo supera a liña das 3.000 antenas
Compartir Este Artigo

