Os usuarios do Firefox sorprendéronse nas últimas horas ou ver que o seu navegador bloqueou o engadido coñecido coma Windows Presentation Foundation (WPF) que instalaríase xunto co .NET 3.5 (sen o permiso do usuario), no que aseguraban que era unha medida para evitar un fallo de seguridade, pero finalmente concluíron que o engadido non estaba afectado pola vulnerabilidade detectada, e o retiraron da listaxe de bloqueo, estando agora traballando no mecanismo que permite aos usuarios a reactivación do plugin.
O peor destas medidas é que os usuarios non saben a qué son debidas, creando certa inquedanza, por darse a impresión de que a seguridade dos nosos equipos está comprometida non só pola nosa man, senón polas propias aplicacións de uso diario sobre as que carecemos de control.
Mozilla bloquea temporalmente un plugin para Firefox
Compartir Este Artigo
