Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GRADIANT: un novo centro galego encamiñado a xerar riqueza pola vía da Sociedade do Coñecemento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

GRADIANT: un novo centro galego encamiñado a xerar riqueza pola vía da Sociedade do Coñecemento

Fernando Sarasketa
Publicado: 09/04/2007
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fernando_blanco.jpgEste luns 9 foi presentado oficialmente en Vigo o proxecto do Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, GRADIANT, un espazo de investigación que xorde coa finalidade (precisamente) de xerar máis espazos, vieiros e proxectos de investigación na nosa terra, sobre todo no eido das tecnoloxías do coñecemento. No acto de “posta en longo”, no que participou o conselleiro de Innovación (Fernando Blanco, na imaxe), deuse a coñecer quen vai estar detrás da iniciativa: un padroado composto pola Xunta, as tres universidades galegas e as empresas Arantia 2010, Arteixo Telecom, Eganet, Egatel, Gsertel, Indra/Soluziona, Ineo, R, Telefónica, Televés, Tele2-Comunitel e Tredess.
Este escenario de investigación, que comezará a operar en breve coa constitución da Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, irá medrando paseniño en persoal, orzamento e capacidade de autofinanciamento. A previsión é de que no seu quinto ano de “vida”, conte con preto de 58 traballadores, 40 deles investigadores, e que estea financiado nun 60% con recursos captados externamente e nun 40% pola Administración, cun orzamento total de 4,6 millóns de euros.
Segundo informa Innovación, no mes de xuño constituirase “o núcleo operativo e a súa ubicación en espazos cedidos pola Escola de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Vigo”. E prosegue: “O vindeiro ano executaranse os primeiros contratos e incorporación de persoal de I+D e en m
arzo de 2009 está prevista a súa ubicación en espazos de CITEXVI, a Cidade Tecnolóxica de Vigo”. Para
xaneiro de 2011, sinala o departamento da Xunta, GRADIANT estará a pleno rendemento, con máis de 60 enxeñeiros e doutores e cunha elevada porcentaxe de autofinanciamento.
Sendo o seu obxectivo incrementar a investigación na Sociedade do Coñecemento nos sectores educativo, público e empresarial, un dos seus cometidos será o de ligar na medida do posible os seguintes elementos: empresas, plataformas, clústers e Organismos Públicos de Investigación. Con este traballo conxunto, o centro poderá favorecer a posta en marcha de proxectos estratéxicos e xerar novas oportunidades de negocio e coñecemento para as empresas en temas de investigación punteira.
Ademais (engade Innovación), GRADIANT irá encamiñado a incrementar a capacidade de captación de fondos externos para a I+D, especialmente da UE, e tentará acadar o retorno de capital humano cualificado formado en Galiza e atraer investigadores de primeiro nivel formados en universidades estranxeiras, entre outros obxectivos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?