Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os números 905 inclúen esta semana máis datos sobre prezos e servizos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os números 905 inclúen esta semana máis datos sobre prezos e servizos

Fernando Sarasketa
Publicado: 19/10/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

numeros905a.jpgSegundo informa o Goberno, os números desinformadores por excelencia, os 905, adoptarán a partir desta semana unha face moito máis fiable e, sobre todo, menos enleante. Así se fixa polo menos no Código de Conduta que regula os devanditos números como servizos de tarificación e que entrará en vigor a partir da medianoite deste mércores 21 de outubro. A partir dese intre, informa o Ministerio de Industria, os responsables destes servizos estarán obrigados a cumprir unha serie de requirimentos dirixidos a garantir “unha maior información aos usuarios”.
A medida remóntase a decembro de 2008, cando o dito departamento do Goberno central decidiu aprobar a declaración das ditas liñas como servizos de tarificación adicional, sendo unha das súas principais características o reparto en dúas partes do prezo da chamada: unha cantidade vai dar ao operador de telefonía e o resto se lle abona ao titular de servizo pola participación do usuario.
O Código de Conduta, en realidade, é un engadido a unha serie de dereitos xa en vigor, entre os que se conta a posibilidade de desconectar a liña de comunicación con estes números (coa axuda da operadora, que impedirá facer chamadas aos 905 dende a súa liña) ou o desglose nas facturas. Entre as novidades atopamos a clasificación dos servizos (entre televoto e servizos de lecer), a posibilidade de recibir por cada chamada unha locución que nos informe do prezo da mesma ou a inclusión de rótulos nos programas de televisión que fagan uso dos 905 e nos que se acheguen datos sobre o número de chamadas recibidas polo concurso nos últimos dez minutos (cos que disporemos de máis datos sobre as posibilidades reais de acceder ao concurso).
Asemade, o Código incorpora a obrigatoriedade de facer figurar prezos e servizos na publicidade destes números e un sistema para evitar que se chame de xeito compulsivo aos concursos sen contar previamente coa información precisa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?