
A consellería que dirixe Javier Guerra ten prevista unha achega de 2,6 millóns de euros para levar a cabo o proxecto de Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico e de Formación en Cerceda. Economía e Industria e o Concello cercedense coinciden na necesidade de favorecer o desenvolvemento económico e industrial desta zona mineira para promover as novas tecnoloxías, a eficiencia enerxética e a sustentabilidade de xeito que redunde na especialización tecnolóxica e industrial da comarca. Este centro contará con instalacións entre as que se inclúen laboratorios, aulas de formación, despachos e oficinas, para que as súas actividades formativas se desenvolvan nas mellores condicións.
Cerceda contará cun Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico e de Formación
Compartir Este Artigo
