Dende que Apple deu o salto aos procesadores de Intel, moitos usuarios traballaron na conversión de Mac OS X ao PC no que dáse a coñecer por hackintosh e que vén a dar un paso adiante grazas a Psystar, compañía que comezou a comercializar un dispositivo chamado Rebel EFI Installer, que facilita a instalación do sistema operativo Snow Leopard en moitos dos PC do mercado, cun nivel de compatibilidade bastante elevando (aínda que sen facer maxia).
Curiosamente esta solución tecnolóxica (que vai contra as condicións de uso do sistema operativo de Apple) non é un produto froito da comunidade de usuarios de Mac OS X no PC, senón que provén dunha empresa , de aí que estea á venda por 49,99 dólares de xeito promocional (logo pasará a custar 90 dólares).
Psystar comercializa unha aplicación que facilita instalar Mac OS X no PC
Compartir Este Artigo

