Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Soitu.es pecha tras a perda do apoio dos seus investidores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Soitu.es pecha tras a perda do apoio dos seus investidores

Marcus Fernández
Publicado: 27/10/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

soitu.es_pecha.jpgDurante moitos meses rumoreábase que Gumersindo Lafuente, profesional ao que se atribuía boa parte do éxito de ElMundo.es, estaba a preparar un proxecto de comunicación que finalmente presentou en outubro de 2007, para lanzalo ese mesmo ano coma unha publicación aberta ao usuario chamada Soitu.es, nunha aposta pola Internet coma plataforma, que contou cunha boa acollida pero que leva meses en dificultades por mor da conxuntura económica actual, que afectou seriamente aos seus ingresos publicitarios, o que levou ao BBVA (entidade que conta co 49% das participacións accionariais) a retirar o seu apoio ao proxecto forzándoo ao seu peche ante a imposibilidade de atopar novos investidores neste momento de crise para os medios de comunicación.
Soitu.es foi un proxecto valente, pero arriscado, xa que o modelo de negocio dos medios puramente dixitais aínda está por definir, e pese a que non hai dúbidas sobre que o futuro da prensa está na Internet.

Gumersindo Lafuente dirixíndose a parte da redacción de Soitu.es
Gumersindo Lafuente dirixíndose a parte da redacción de Soitu.es
Gumersindo Lafuente asegura na súa mensaxe de despedida e agradecemento aos lectores de Soitu.es que continúan a estar convencidos de que «o valor dos xornalistas neste novo escenario tecnolóxico permanece pero debe cambiar radicalmente o seu xeito de traballar», e defenden o uso intensivo da tecnoloxía para abrir novos camiños, coma fixeron en Soitu.es con seu selector de novas ou os seus populares widgets (especialmente relevantes para o seguimento de informacións en vivo coma os recontos electorais).
En só 22 meses de vida Soitu.es conseguiu 2 premios da Online News Association (ONA), premio da SND ao mellor deseño na Internet e á innovación e outros recoñecementos que demostraron a súa boa labor, que desafortunadamente non conseguiu consolidar este medio por falta de apoio do seu principal investidor, o que lembra en certa medida ao acontecido con ADN.es, que lanzárase en 2007 coma un medio dixital, pero do que o Grupo Planeta retirou o apoio e integrou coa súa edición impresa a primeiros de ano (aínda que o medio non desapareceu, si prescindiu do seu equipo, e oferta agora uns contidos máis tradicionais, no que podería considerarse un importante paso atrás nos medios dixitais españois).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026
gtc25-phase3-wmfg.jpg
Actualidade

nVIDIA restitúe a Jensen Huang como presidente e conselleiro delegado tras unha investigación interna

23/11/2026
Actualidade

O programa de formación dixital para pemes da Deputación da Coruña e o ITG arrinca este martes en Boiro

23/11/2026
Actualidade

Cinfo presenta un centro de control que xestiona máis de 700 eventos deportivos cada fin de semana

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?