Nun momento no que os libros electrónicos están en pleno apoxeo, moitos usuarios agradecerán que formatos abertos coma o EPUB non estean restrinxidos a dispositivos tipo e-reader, senón que tamén poidan lerse dende o ordenador, e incluso a través do navegador web Firefox grazas a un engadido chamado EPUBReader, que é moi básico, pero resulta de grande utilidade para previsualizar un texto antes de copialo ao dispositivo no que o leremos finalmente (para a lectura habitual non resulta práctico, pois carece de funcións tan básicas coma garda o punto de lectura entre distintas sesións).
O EPUBReader presenta os libros organizados segundo o seu índice de contidos, converténdose nunha interesante alternativa ás aplicacións de lectura de e-books dende o PC.
Un engadido para Firefox permite a lectura de documentos en formato EPUB
Compartir Este Artigo
